O ensilado da herba 2016 en imaxes

O ensilado da herba 2016 en imaxes

Ensilando en Lalín

As predicións meteorolóxicas apuntan a que hoxe será o último día de ensilado de herba en Galicia para as pradeiras temporais. Para este xoves as previsións dan choiva e con isto virá un pequeno respiro despois de varios días de frenética actividade no rural galego, con moitas horas de traballo, mesmo de noite.

Na cooperativa lucense Icos consideran que está a ser un bo ano. “A xente que abonou ben está a coller boa cantidade e calidade”, asegura Adrián Varela, técnico agronómico da cooperativa. Non obstante recoñece que “hai gandeiros que teñen menos herba por falta de abonado e en zonas de montaña está a haber pouca polo exceso de frío, pero en xeral é un bo ano”.

Para Javier Fraga Landeira, de SAT Niveiro, en Val do Dubra, “faltaron algúns graos máis de temperatura nas últimas semanas para que o raigrás medrase algo máis”. Óscar Pose, gandeiro de Ponteceso, na Coruña, asegura que “a produción é boa” pero recoñece que “as choivas de abril impedíronos entrar a abonar nalgunhas fincas”.

A continuación reproducimos unha serie de imaxes do ensilado da herba deste ano en Galicia. Os protagonistas son os gandeiros e gandeiras e o seu esforzo e paixón polo seu traballo e por un modo de vida digno e imprescindible para a humanidade como é a produción de alimentos:

Ensilando en Lalín

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información