O Centro de Recría da Deputación de Lugo abrirá en marzo

As instalacións teñen capacidade para 3.000 xovencas e costaron 12 millóns de euros. Gómez Besteiro afirma que só falta a licenza de primeira ocupación.

O Centro de Recría da Deputación de Lugo abrirá en marzo

Gómez Besteiro durante as xornadas de Africor Lugo.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou a próxima apertura, no mes de marzo, do que será o 1º Centro de Recría público de España. Fíxoo durante o acto de inauguración da III Xornada Técnica de Produción de Leite, organizada por Africor coa colaboración do organismo provincial, e celebrado hoxe no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria lucense.

Gómez Besteiro subliñou que unha vez rematadas as obras, o pasado mes de febreiro, a Deputación tan só está a agardar pola licenza de primeira ocupación que concede o Concello de Castro de Rei para poder comezar a actividade.

A Deputación financia este Centro en solitario, con 12 millóns de euros, logo das sucesivas negativas da Xunta de Galicia a colaborar co que é un dos proxectos máis revolucionarios para o sector nos últimos tempos, que suporá un avance na mellora xenética e na recría de reses en toda Galicia ao ofrecer aos gandeiros unhas modernas instalacións con capacidade para 3.000 cabezas de gando. Ao mesmo tempo, contribuirá a reactivar a economía provincial, xerando un volume de negocio anual duns 3 millóns de euros, e creando postos de traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información