O BOE publica as axudas por vaca para as explotacións en dificultades

A lista de explotacións que poden beneficiarse das axudas publicarase nos próximos días na web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

O BOE publica as axudas por vaca para as explotacións en dificultades

Requisitos dos beneficiarios:

Serán beneficiarios destas axudas os produtores de vacún de leite, que non presenten renuncia expresa, sempre que:

a) Sexan titulares das explotacións onde se situarán os animais elixibles, as cales deberán estar inscritas no rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA) co tipo de explotación «Produción e reprodución». A nivel de subexplotación deberán estar clasificadas como explotacións de bovino cunha clasificación zootécnica de «reprodución para produción de leite» ou «reprodución para produción mixta».

Sen prexuízo do anterior, para os efectos de determinar a elixibilidade dos animais conforme ao establecido no artigo 4, teranse en conta os animais localizados en movementos temporais a pastos, feiras e mercados, sempre que fosen convenientemente notificados ao Sistema Integral de Trazabilidade Animal (SITRAN).

b) Realizasen entregas de leite a compradores durante os meses de abril, maio, xuño e xullo de 2015.

c) Non alcanzasen durante eses catro meses algúns dos limiares de rendibilidade determinados que se calcularán de acordo co artigo 3. 2. Os beneficiarios deben acharse ao corrente das obrigacións tributarias e da Seguridade Social, e non deberán ter pendente ningunha obrigación de reintegro en materia de subvencións públicas.

Limiares de rendibilidade:

1. Os limiares de rendibilidade serán fixados mediante a determinación dunha contía correspondente co punto de equilibrio para o beneficio efectivo ou o beneficio segundo conta de explotación, conforme corresponda en cada caso.

2. O primeiro limiar calcúlase como a contía necesaria para alcanzar un beneficio efectivo, sen ter en conta os custos non efectivos nin os custos de oportunidade, segundo os últimos datos dispoñibles nos Boletíns de análises de beneficios e custos de produción que elabora o MAGRAMA relativos ás tres granxas típicas de vacún de leite da Rede Nacional de Granxas Típicas (RENGRATI).

3. O segundo limiar calcúlase como a contía necesaria para alcanzar un beneficio segundo conta de explotación, é dicir, o beneficio efectivo menos os custos non efectivos cve: BOE-A-2015-10396 Verificable en http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO Núm. 233 Martes 29 de setembro de 2015 Sec. I. Páx. 88321 (custos de amortización, +/- cambios en inventario de animais e +/- ganancias e/ou perdas de capital) e sen ter en conta os custos de oportunidade, segundo os últimos datos dispoñibles, así mesmo, nos Boletíns de análises de beneficios e custos de produción que elabora o MAGRAMA relativos ás tres granxas típicas de vacún de leite da Rede Nacional de Granxas Típicas (RENGRATI).

4. Os limiares de rendibilidade aplicables a estas axudas publicaranse na páxina web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Importe da axuda.

1. Establécese un importe único de 300 euros por animal subvencionable para aquelas explotacións que se atopen por baixo do limiar previsto no artigo 3, apartado 2, e de 110 euros para aquelas explotacións que se atopen por baixo do limiar previsto no artigo 3, apartado 3.

2. A axuda máxima por explotación será de 10.000 euros.

3. Cando o importe global das axudas para conceder supere o crédito dispoñible dos orzamentos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o órgano competente para a concesión da subvención procederá ao prorrateo entre os beneficiarios do importe global máximo destinado ás subvencións.

Instrución, resolución e pago da axuda:

1. A instrución do procedemento realizarase pola Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios, a cal, previa comprobación dos requisitos previstos no artigo 2, formulará unha proposta de resolución provisional, que se publicará na páxina web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, concedendo aos beneficiarios un prazo de dez días para:

a) Presentar alegacións.

b) Rexistrar os seus datos bancarios, nunha ligazón da devandita web habilitado para o efecto, para realizar no seu momento o pago.

c) Presentar unha declaración responsable na que fagan constar se percibiron calquera outra axuda «de minimis» no sector agrario dentro deste exercicio fiscal e nos dous anteriores, así como, de percibilas, a súa contía.

d) Presentar unha autorización expresa ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, para que solicite directamente a documentación relativa ao cumprimento das obrigacións tributarias e da Seguridade Social, ou, na súa falta, achegar os correspondentes certificados. Transcorrido devandito prazo sen alegacións, entenderase aceptada a proposta.

2. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución definitiva que proceda ao Presidente do Fondo Español de Garantía Agraria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que resolverá sobre a concesión das axudas.

O prazo para resolver e publicar a resolución será de tres meses desde a entrada en vigor deste real decreto. A resolución de concesión será publicada no «Boletín Oficial do Estado», e contra a mesma, que non poñerá fin á vía administrativa, caberá interpoñer recurso de alzada ante a Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, no prazo máximo dun mes desde a súa publicación.

3. O pago da axuda realizarase polo FEGA, no prazo máximo dun mes desde a publicación no «Boletín Oficial do Estado» da resolución de concesión da axuda, na conta corrente consignada polo produtor.

Consulta aquí a convocatoria completa. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información