A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O 60% dos mellores touros Holstein de España son de Xenética Fontao

A sociedade pública galega logra o 60% dos mellores touros probados nas probas de CONAFE do mes de xuño. Álzase cos primeiros postos, con Delano como o número 1 de España en touros probados e Quixote líder en touros xenómicos.

O 60% dos mellores touros Holstein de España son de Xenética Fontao

Delano. Autor: Xenética Fontao

As probas de xuño de CONAFE confirman a hexemonía da xenética producida en Galicia dentro de España. Así, Xenética Fontao ten practicamente o 60% dos mellores touros probados por GICO, tanto no top 50 coma no top 25 como entre os 10 primeiros.

Delano, o touro número 1 de España

Delano (MOM x Shottle, familia Elsa) que xa foi un destacado touro xenómico no seu día e debutou como touro probado nas pasadas probas de novembro 2014 como número 3, é o actual líder da lista dos mellores touros probados españois.

Delano mostra unha proba moi balanceada con excelentes trazos de saúde, moi bo tipo e destacadas producións de leite con positivos % de graxa e proteína.Despois de Delano como número 1 séguelle Torrel no número 2, Thosno posto 3, Elsar no 4, Gerardo no 5 e Turin en no 6.

Trazos de produción: números 1 en quilos de leite e en graxa

CLASIFICACIÓN DE TOUROS PROBADOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE PRODUCIÓN

KG DE LEITE

KG DE GRAXA

KG DE PROTEÍNA

NOME

POSTO

NOME

POSTO

NOME

POSTO

TORREL 1 THOS 1 HORACIO 5
XUBILEO 3 AMBAR 3 PLANET 6
XUDAN 6 DIXIE 10 DIXIE 7
THOS 9
MINNESOTA 10

Trazos de tipo: Delete número 1 en ubre e en tipo

XENETICA_FONTAO_DELETE_01_standar

Delete. Autor: Xenética Fontao

Destacar nas probas de tipo e ubre a supremacía unha vez máis de DELETE, o mellor touro para estes trazos da historia da raza frisoa española, a punto de cumprir os seus oito anos de idade e con miles de fillas en España ( e tamén en Canadá, Francia, Alemaña e Austria). Despois de sete probas consecutivas, resulta imbatible unha vez máis.

Ademais de confirmar as súas excelentes probas de tipo touros comoTorrel, Gospell ou Betanzos, merece mención especial a irrupción con forza neste campo dalgún touro de primeira proba, como JAY (Gerard x Goldwyn) procedente dunha recoñecida familia americana sobresaínte en tipo (Chief Tara), dalgún fillo do mítico Xacobeo, como XILO (Xacobeo x Duplex, familia Precious), e dun membro da familia de Snowman, como ELSAR (Super x BW Marshall), que xa foi no seu día un touro moi destacado para ubres na primeira proba xenómica española oficial.

CLASIFICACIÓN DE TOUROS PROBADOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE TIPO

TIPO XERAL IGT

UBRES

PATAS E PÉS

NOME

POSTO

NOME

POSTO

NOME

POSTO

DELETE 1 DELETE 1 TORREL 1
JAY 3 SEELER 2 XILO 3
BETANZOS 4 BETANZOS 4 PROTUS 4
XILO 5 ELSAR 5 DELANO 5
GOSPELL 6 XILO 7
TORREL 7 COSPEITO 8
JAY 10

Trazos de saúde

Os trazos de saúde, e sobre todo de lonxevidade, cobraron máis relevancia por primeira vez na avaliación xenética realizada por CONAFE. De novo, os touros de Xenética Fontao sitúanse na vangarda.

CLASIFICACIÓN DE TOUROS PROBADOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE SAÚDE

CÉLULAS SOMÁTICAS

LONXEVIDADE

DÍAS ABERTOS (Fertilidade das fillas)

NOME

POSTO

NOME

POSTO

NOME

POSTO

SEELER 1 SEELER 1 MINNESOTA 1
AMBAR 2 COSPEITO 2 TURIN 2
VILACOBO 3 TURIN 3 ECLIPSE 3
THOS 4 ELSAR 4 XUDAN 6
BETANZOS 5 CHOREN 6 CHORÉN 7
DELANO 7 JAY 9
JAY 9 PROTUS 10

Valoración de Xenética Fontao:

1- Confirmación dos mellores touros entre os mellores touros españois:

A permanencia na elite da raza daqueles touros que xa debutaron en destacadas posicións en anteriores avaliacións e que, a medida que engaden datos de novas fillas, confirman as súas excelentes probas sen perder un ápice de calidade. Así encontramos touros xa moi ben coñecidos como: Delano,Torrel, Thos, Dixie, Gospell, Xudan,Xubileo ou Delete, entre outros.

Mención especial para os fillos de Xacobeo: Dixie e Xubileo, que confirman as súas permanencia no TOP 50 GICO, destacando Dixie(Xacobeo x Goldwyn) polas súas boas calidades de graxa e proteína e a potente morfoloxía que transmite, e Xubileo (Xacobeo x Bolton) polas altas producións de leite. Un novo fillo de Xacobeo incorpórase ao TOP 50: Xilo (Xacobeo x Duplex) cunha máis que interesante proba sobre todo para tipo e trazos de saúde.

E que dicir de Delete que revalida o seu título de n.º 1 en tipo e n.º 1 en ubres a nivel nacional tras sete probas consecutivas!

2- A irrupción con forza de novos touros de Xenética Fontao na listaTOP 50 GICO:

Touros con pedigrees actuais e fillos das mellores vacas, descendentes, á súa vez das mellores familias, tanto a nivel nacional como internacional: Gerardo, Turin, Minnesota, Eclipse, Seeler, Niaty Choren, Cospeito, etc

3- A presenza dos prefixos dalgunhas das mellores gandarías nacionais e europeas nos nomes dos mellores touros: Thos, Nodi, Baixo, Anderstrup, Broeks, etc o que revela, en primeiro lugar, o gran labor de criadores levado a cabo por estes gandeiros elite e, en segundo lugar, o seu compromiso na oferta do seu mellor produto a Xenética Fontao.

4-A supremacía absoluta de Xenética Fontao na lista dos touros con probas máis fiables (99% de fiabilidade) do panorama nacional:

Dos 14 touros probados españois con 99% de fiabilidade, 9 son propiedade de Xenética Fontao. Os touros do centro galego non soamente son os mellores, senón que son os máis que fillas teñen e máis repartidas en distintos cortes (ambientes), e polo tanto, as súas probas son as máis fiables e sofren menos altibaixos.

Quixote e Suprem, líderes nos touros xenómicos de España

A hexemonía da xenética galega tamén se deixa notar nos touros xenómicos. Así, segundo a avaliación de CONAFE, dos 50 mellores touros de España, a metade son de Xenética Fontao.

Mención especial para os dous touros que ocupan os dous primeiros postos do ránking: QUIXOTE (Balisto x Snowman x Shottle x Boliver, familia Heidi) e SUPREM (Shotglass x Altagreatest, familia Barbie).

QUIXOTE é un representante da familia Heidi, a máis buscada actualmente en Europa. A nai de Quixote, Anderstrup Snow Heaventen cinco fillos no TOP 10 xenómico alemán ademais do Nº1 xenómico danés, todos eles, irmáns maternos de Quixote.

Quixote ten o que todo touro n.º 1 debe ter: unha tremenda proba para produción, con moitos kg de leite e porcentaxes positivas de graxa e proteína ( é o touro xenómico n.º 1 en kg de proteína e n.º 4 en kg de graxa); unha proba moi equilibrada e sen debilidades en tipo xeral, ubres e patas e destacados trazos de saúde. Un atractivo engadido de Quixote no seu peculiar pedigree, como no caso de Delano, libre de sangue Goldwyn.

XENETICA_FONTAO_quixote_e_suprem_standar

Quixote e Suprem. Autor: Xenética Fontao

SUPREM é un touro procedente dunha das mellores familias de vacas a nivel internacional (familia Barbie), pero cun pedigree diferente e peculiar (Shotglass x Altagreatest) combinando o mellor da súa liña materna (tipo excepcional) e a súa liña paterna (altas producións de leite). Suprem é ademais un touro para facer vacas de futuro polos seus excelentes trazos de saúde (n.º 1 dos touros xenómicosespañois para Lonxevidade, Número 2 para RCS e entre os mellores para fertilidade de fillas (Días abertos).

Outros touros xenómicos de Xenética Fontao no top 50

Outros destacados recén chegados ao TOP 50 genómico son JULIUS (Balisto x Epic) con fortes calidades de leite e número 1 en patas que se sitúa no quinto posto do ránking, no 7 encontramos a BIKOKA (Balisto x Shottle) con tremendas producións de leite e altas calidades, séguelle DELUXE no posto número 8 un irmán materno de Quixote, neste caso fillo de Big Point, e outro membro máis, polo tanto, da familia de vacas “Heidi”, unha das máis apreciadas hoxe en día en Europa e que tan altas xenómicas está a transmitir.

Pechando o TOP 10 temos a DERBY (Doorman x Snowman), un interesante touro procedente do programa embrionario de XF con irmáns completos moi destacados en xenómica noutros países e que non presenta unha soa debilidade na súa proba: altas producións e excelente tipo con moi bos trazos de saúde.

En postos destacados do TOP 50 continúan os xa ben coñecidos xenómicos MELENDI,  INVICTUS, SNOWSEN, TOPMAX e SALNÉS, entre outros.

CLASIFICACIÓN DE TOUROS XENÓMICOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE PRODUCIÓN

KG DE LEITE

KG DE GRAXA

KG DE PROTEÍNA

NOME

POSTO

NOME

POSTO

NOME

POSTO

DELUXE 3 JULIUS 1 QUIXOTE 1
SNOWSEN 5 CASAL 2 SNOWSEN 4
SALNÉS 9 BIKOKA 3 DELUXE 5
QUIXOTE 4 EMBRUXO 6
CITIZEN 6 JULIUS 7
SUMMUM 8 BIKOKA 8
DERBI 9 SUMMUM 9
SNOWSEN 10

CLASIFICACIÓN DE TOUROS XENÓMICOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE MORFOLOXÍA

TIPO XERAL

UBRES

PATAS

NOME

POSTO

NOME

POSTO

NOME

POSTO

LARRY 3 LARRY 2 JULIUS 1
MELENDI 4 MELENDI 3 HOK 5
INVICTUS 5 TOP MAX 5 SALNES 6
CITIZEN 6 KONING 7 SUPREM 7
DERBI 9 PRODIXIO 8 QUIXOTE 8
CITIZEN 9 DELUXE 10

Carácteres de saúde: Suprem é o número 1 en Lonxevidade e o segundo en RCS

Por último, nos trazos funcionais ou de saúde, que tanta importancia teñen hoxe en día na selección e mellora da raza Holstein e cuxo peso específico se incrementa na nova fórmula do GICO utilizada nestas probas, os touros de Xenética Fontao tamén dominan de forma absoluta os máis destacados trazos.

CLASIFICACIÓN DE TOUROS XENÓMICOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE SAÚDE

RCS (Reconto de células somáticas)

LONXEVIDADE

DÍAS ABERTOS (Fertilidade das fillas)

NOME

POSTO

NOME

POSTO

NOME

POSTO

DERBI 1 SUPREM 1 PICARO 3
SUPREM 2 MELENDI 3 KONING 5
QUIXOTE 4 GALÁCTICO 7 SIRIO 6
MELENDI 6 KONING 9 SUPREM 8
PÍCARO 8
INVICTUS 10

Para a dirección de Xenética Fontao, “con estes resultados cremos poder cumprir de sobra o noso máis importante obxectivo: poñer a disposición do gandeiro a mellor xenética a nivel internacional a prezos competitivos, tanto no presente coma no futuro”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *