Novidades do ICO en España e obxectivos de CONAFE para o 2019

O director do departamento técnico de CONAFE, José Antonio Jiménez, explicou na última xornada de Africor Pontevedra as novidades das avaliacións xenéticas en España, así como os obxectivos para este 2019.

En canto ás novidades, destacou que probas de CONAFE incorporan dous novos caracteres: Facilidade de parto e índice de saúde podal.

A) Facilidade de parto: Utilizar touros con ICO de máis de 115 puntos

A facilidade de parto que transmite o touro é un dos caracteres que máis demandaban os gandeiros. Neste sentido, José Antonio Jiménez lembrou que “unha fiabilidade do 50% no carácter supón un risco de 14 puntos, polo que debemos utilizar touros de 115 puntos para arriba”.

Touros Parto Fácil Xenómicos sen fillas ICO > 3000:

BAVARIAN ET

ESPM9204352244

2016

129

BABYLON ET

ESPM9204352242

2016

126

DG BI-BATTLE

ESPM9204487906

2016

124

LUDIX

ESPM9204481277

2016

122

THOS BURANO BLAU SISPLAU ET

ESPM0804325919

2016

122

THOS JETSET DELOR ET

ESPM0804368051

2016

122

TOTALPRO ET

ESPM9204586119

2017

120

LSCG SILVANO ET

ESPM1504271941

2016

120

CUNDINS CR YODA FIV ET

ESPM1504363901

2016

119

BLACKLIST ET

DEUM0121478656

2014

119

B) ISAP Saúde Podal
O outro carácter que incorporan as avaliacións xenéticas de touros que realiza CONAFE é o I-SAP ou saúde podal. A herdabilidade de caracteres de saúde podal é baixa pero se se realiza de forma sostida no tempo os seus resultados evidéncianse:

Dermatite: 0,06
Úlcera de suela 0,06
Lesión de liña branca 0,02
Parede dorsal cóncava 0,02
Flemón interdixital 0,01
Hiperplasia interdixital 0,13

CONAFE_novidades_1

Principais lesións podais en vacún de leite en España: CONAFE_novidades_2

Mellores touros Xenética Fontao en saúde podal:

CONAFE_novidades_3

Obxectivos de CONAFE para 2019:

En canto aos obxectivos de CONAFE para este ano, José Antonio Jiménez, destacou:

-Realizar avaliacións de saúde: O obxectivo é xenotipar 10.000 vacas até o mes de xuño.

-Máis índices xenómicos dos touros: IMEG, aptitude para pastoreo, rendemento queixeiro do leite…etc.

-Proxecto de Eurogenomics, o consorcio xenético europeo, para harmonizar os datos a nivel europeo e contar cuns índices aínda máis fiables. En concreto, harmonizaranse os caracteres de facilidade de parto, fertilidade, lonxevidade e saúde de ubre.

-Novo chip de xenotipado con máis capacidade: 90K fronte ao actual chip EuroG10K . Vai permitir un menor tempo nas avaliacións, unha mellor estimación de efectos en novos caracteres e máis espazo para investigación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información