Milleiros de persoas achéganse ao Festival do Leite

O evento, organizado por Deleite, ofreceu máis de 12 horas de música en directo cos mellores grupos galegos do momento

Milleiros de persoas achéganse ao Festival do Leite

O Festival do Leite levou a Lugo a unha escolma dos mellores grupos musicais galegos do momento, cun cartel encabezado polos emblemáticos Siniestro Total. Os concertos iniciáronse ás 13 horas de onte sábado e prolongáronse ata a madrugada. Milleiros de persoas achegáronse ao longo de todo o día ata o Festival, que tivo o seu prato forte no concerto de Siniestro Total, pasadas as 23 horas.

O Festival, que se celebrou no parque fluvial do Río Miño, en Lugo, foi organizado por Deleite, a marca propiedade de gandeiros galegos, que con este evento trata de poñer en valor a importancia do sector lácteo para Galicia e promover o leite como un alimento natural e saudable.

Concerto de Best Boy.

Concerto de Best Boy.

Durante toda a xornada, desfilaron polos dous escenarios do festival bandas como Escuchando Elefantes, Os Amigos dos Músicos, Caxade, Cachas&Cousins, Terbutalina ou Adrián Costa&The Criers.

O evento, aínda que de acceso libre, tivo tamén unha finalidade solidaria, pois estivéronse a recoller alimentos para a Federación Galega de Bancos de Alimentos.

En canto aos beneficios das barras do Festival, irán destinados a ONGs que traballan coas persoas refuxiadas.

Pregón de Touriñán.

Pregón de Touriñán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información