Medra un 15% o numero de gandarías de vacún de leite en ecolóxico en España

Medra un 15% o numero de gandarías de vacún de leite en ecolóxico en España

Vacas en ecolóxico na gandaría de Xosé Luis Fernández Segade, en Arzúa

A superficie de agricultura ecolóxica en España situouse en 2.246.474,5 hectáreas en 2018, o que supón un incremento dun 8 % sobre o ano anterior, segundo o avance de datos do informe “Agricultura Ecolóxica. 2018” que anualmente elabora o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

O número de operadores biolóxicos alcanzou os 44.282, un 6 % máis fronte ao ano precedente, dos que 39.505 eran produtores; 4.627, procesadores; e o resto comercializadores, importadores e exportadores.

En canto ás ganderías en ecolóxico, aínda que se mantén un crecemento global discreto, pero continuo -que en 2018 alcanzou o 1,68 % respecto ao ano anterior- destacan incrementos do 14,94 % en ovino de leite e do 14,86 % en vacún de leite, así como do 11,51 % en porcino, datos a ter en conta en relación a sectores tan importantes como o lácteo e o porcino.

Respecto das industrias ecolóxicas en 2018 apréciase un avance importante, con 7.670 industrias relacionadas coa produción vexetal, o que supón un incremento do 15,13 % respecto ao ano previo, así como 1.216 industrias relacionadas coa produción animal, que indican un incremento do 5,65 %.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luís Planas, valorou positivamente o importante crecemento, sostido, que experimenta este sector ano tras ano. Nos últimos 10 anos a extensión dedicada á produción biolóxica non parou de aumentar, con case un millón de hectáreas de incremento no período 2008-2018, o que sitúa a España, desde hai anos, como o país con maior  superficie ecolóxica de Europa e un dos maiores do mundo.

Planas destacou que a produción ecolóxica, presente en todas as autonomías, é hoxe en día “unha realidade económica” en España que ademais contribúe á creación de emprego e á fixación de poboacións. Subliñou que cada vez son maiores as demandas da sociedade que piden modelos de xestión altamente respectuosos coa conservación do medio natural e que, ao mesmo tempo, dean resposta ás necesidades crecentes dun consumidor que demanda produtos ecolóxicos.

Alimentos ecolóxicos, cada vez máis demandados

Aínda que o gasto per cápita en España en alimentos ecolóxicos é aínda baixo, mantense unha tendencia alcista e sitúase xa en 46,5 euros por habitante e ano, cifra que duplica os 21,85 euros que se gastaban en produtos eco en 2013.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información