Medidas para combater o estrés por calor en vacún de leite

Os episodios de forte calor cada vez van ser máis frecuentes co cambio climático, o que reduce a produtividade do gando vacún de leite. Velaquí uns consellos de manexo e de alimentación para combater o estrés por calor nas ganderías.

Medidas para combater o estrés por calor en vacún de leite

Ventiladores na Gandería SANRIAN para reducir o estrés por calor.

Un dos efectos previsibles do cambio climático, e cuxos efectos xa se están a notar, son as vagas de calor, o que repercute negativamente no benestar, e polo tanto na produtividade, do gando vacún.

A vaca é un animal que se atopa nun estado de benestar nun rango de temperaturas que vai dende os 6º C os 22º C, empezando a desencadear a situación de estrés cando a temperatura sobrepasa os 26 º C.

É dicir, temperatura e humidade elevadas provocan os seguintes efectos no gando vacún de leite:

-Descenso da produción: baixa o consumo de materia seca entre 20-30%, diminúe tamén a dixestibilidade da ración, a actividade ruminal e a produción de ácidos graxos cun desequilibrio na síntese de acético e propiónico.

-Descenso da actividade reproductiva: incremento do intervalo entre partos, desequilibrios hormonais que teñen efectos negativos na ovulación, implantación e supervivencia embrionaria.

-Inmunosupresión: hai unha perda do estado de saúde, facendo as vacas máis sensibles aos patóxenos.

Como contrarrestar o estrés por calor mediante o manexo?

-Proporcionar sombras e ventilación axeitada para o tipo de instalacións nas que se alberguen os animais. É dicir, favorecer o intercambio de aire mediante aperturas laterais do 75% do establo, así como chemineas no teito e prender os ventiladores e aspersores (en teitos, enriba das cornadizas e na sala de espera).

-O subministro de alimentos é recomendable facelo durante as horas máis frescas do día, repartindo un 30 % pola mañá e o 70% pola noite.

-Dar o alimento o máis fresco posible e evitar que estea exposto ao sol no pesebre. Non escatimar en facer unha boa escolla do silo e rexeitar as zonas de fungos.

-Proporcionar auga de calidade (analizada cada 6 meses), fresca, non estancada, non moi fría (mellor a temperatura ambiente) e a libre disposición. É preciso un mínimo de 10 cm de bebedeiro por vaca.

-Manter o consumo de fibra efectiva, necesaria para manter a ruminación, amortiguar o contido do rume, evitar acesose ruminal e dixerir de forma efectiva os concentrados e os demais compoñentes das forraxes. Evitar en situacións de estrés por calor as forraxes de menor calidade, con alto contido de Fibra Neutro Deterxente , que producen máis calor ao fermentar no rume.

Por iso, recoméndase que as forraxes sexan moi dixestibles, por exemplo un bo ensilado de millo, para diminuír o calor da fermentación e incrementar o contido enerxético da dieta.

-Uso de aditivos, como os lévedos que facilitan a dixestión da ración. Os alimentos deben ser mezclados máis frecuentemente durante o verán ou incorporar na Ración Total Mesturada (TMR nas siglas en inglés) un aditivo (por exemplo, produtos de ácido propiónico amortiguados -buffer-) para prolongar a súa vida no comedeiro e previr que a comida requeza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información