Media de 2.019 euros na poxa de gando Frisón de Sarria

Media de 2.019 euros na poxa de gando Frisón de Sarria

Poxa de Sarria o pasado ano. Foto: Vila

Este sábado a mediodía celebrouse en Sarria a poxa de gando frisón da Feira de San Isidro, organizada por Africor Lugo. Presentáronse 23 animais dos que se venderon 21, chegando a un prezo medio de 2.019€, cun volume de vendas de 42.400€.

“Foi unha poxa moi concorrida con compradores de toda Galicia, maioritariamente de Lugo, pero tamén de Pontevedra e A Coruña”, valoran dende a organización.

Como ven sendo habitual, o prezo das xovencas próximas ao parto foi inferior ao das recén paridas, con prezos medios para as xovencas de 1.770€ e de 2.200 para as paridas. O feito de que nesta poxa participara un alto número de xovencas fixo que o prezo medio fose algo inferior á media das poxas xa celebradas este ano.

Prezo máximo: 3300 euros

A vaca que acadou o prezo máis alto foi a presentada por gandería Forcao de Outeiro de Rei, que volveu a ser récord de vendas ao igual que o ano pasado nesta feira, cunha Mogul parida de febreiro con nai Artes BB82.  Por esta vaca, Mogul Artes Duplex, a gandería Pena Guisande, de O Páramo, pagou 3.300€.

A xovenca mellor pagada foi a presentada pola gandería Vila, de Albares, Lugo, unha filla de Seaver inseminada do 24 de agosto con nai Rampage Red BB81, que chegou aos 2.150 €.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información