Lugares e datas das mobilizacións do sector lácteo para o mes de agosto

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego reunirase este mércores con alcaldes da comarca de Chantada. A primeira mobilización, este sábado en Santa Comba

Lugares e datas das mobilizacións do sector lácteo para o mes de agosto

Concentración en Lalín

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego reunirase mañá mércores ás 17 horas no concello de Chantada para consensuar medidas para mobilizar á poboación da comarca .

Á reunión asistirán representantes dos concellos, produtores, consumidores, fabricantes de pienso, cooperativas, sindicatos, partidos políticos…etc, dos concellos de Chantada, Taboada, Carballedo e Monterroso.

Dende a Plataforma informan de que “na reunión consensuaranse medidas para mobilizar á poboacción e sensibilizala dos graves problemas que atravesa o sector lácteo, despois de que as reunións coa Xunta e Ministerio non aportasen máis que vaguedades e propostas a medio prazo”.

A proposta da Plataforma é facer unha concentración de tractores en Chantada ás 12:00 hora do 6 de agosto, diante do concello. Os comercios pecharán en tódolos concellos de 12 a 14 horas. Faráse unha marcha a pé ás 13 horas dende a feira ó Concello de Chantada, onde se leerá un manifesto reinvindicativo. Previamente, o vindeiro martes, día 4, a Plataforma convoca aos gandeiros da comarca a unha asamblea informativa ás 12 horas no Concello de Chantada.

Calendario de mobilizacións do sector lácteo galego para o mes de agosto

Xallas-Santa Comba: 1 de agosto
Chantada: 6 de agosto
Deza: 11 de agosto
Vilalba: 20 de agosto
Sarria: 27 de agosto
Curtis: 3 de setembro
Comezos de setembro: gran marcha sobre Compostela

Mobilización este sábado en Santa Comba

Para este sábado, 1 de agosto, está convocada a primeira mobilización. Será en Santa Comba, capital da comarca do Xallas, ás 12:00 horas no Edificio Multiúsos.

Previamente, a Plataforma convocará este xoves aos gandeiros da comarca a unha asemblea tamén ás 12:00 horas no edificio multiúsos de Santa Comba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información