Listaxe dos 18 animais que sairán a venda na III Poxa de Elite de Gando Frisón de Curtis

A organización da III Poxa de Elite de Gando Frisón de Curtis ven de publicar a listaxe dos 18 animais que sairán a venda o 17 de marzo na localidade coruñesa.

Trátase de animais de alta cualificación xenética procedentes de gandarías de referencia en Galicia como SAT A Campa,Finca El Pilar, Gandaría Carro, Casa Gabino ou Cunordam SC.

O evento, aberto a calquera comprador, resulta de gran interese para gandeiros de toda España e Portugal. Esta terceira edición da poxa será moi equilibrada en canto aos lotes presentados, destacando algúns animais con GICOS superiores a 4.100 puntos ou con 12 xeracións MB/EX na súa pedigrí. Varios exemplares levan, ademais, contrato de macho e/ou embrións, o que supón un valor adicional para o comprador.

Ademais, esta poxa conta con outras vantaxes adicionais, como a de que non se aplica ningún tipo de comisión ao comprador nin ao vendedor, a de que o porte até a gandaría de destino é gratuíto ou a de que o comprador obtén coa operación un ciclo de fecundación in vitro sen custo.

Este é a listaxe dos animais que sairán a poxa:

ANIMAL

GANADERÍA

CUNDINS CAROLINA DOC FIV ET

CUNORDAM S.C.

CUNDINS CISMA PINNACLE

CUNORDAM S.C.

ABONXO FLAGSHIP SILVIA ET

G.B. GANADERIA SC

ABONXO BI-BATTLE ARIZONA ET

G.B. GANADERIA SC

CASAGABINO K.ROYAL LUNA FIV ET

CASA GABINO S.C

CAMPA CLUN SPECIAL 0384

SAT A CAMPA

CAMPA SOLOMON BREYA ET

FINCA EL PILAR

CAMPA IMAX 0338 RED

SAT A CAMPA

CUNDINS IRENE IMAX

CUNORDAM S.C.

CASA-NOVA ATLEE SOLOMON 1212 ET

GANADERÍA CARRO SL

NODI JEDI MADONNA FIV ET

NODI S.C.

JAIME NODI VANHALEN 913 ET

SAT EMILIO DO JAIME

ABONXO FLAGSHIP SPECIAL ET

G.B. GANADERÍA SC

CASA-NOVA POMPEYA TOOHOT 1180

GANADERÍA CARRO S.L.

CAMPA SOLOMON MEGADEA

SAT. A CAMPA

CAMPA CLEVER MITCIONERA 0308

SAT A CAMPA

ABONXO FLAGSHIP SPEZI RED ET

G.B. GANADERÍA SC

CUNDINS MIRIAM HOTLINE FIV ET

CUNORDAM S.C.

Máis información nesta ligazón:

https://app.box.com/s/4ub3s56pny838iaspod8r75lgvirla0w

cartaz curtis

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información