Leite Río deixará de recoller o leite a 24 explotacións de Rodeiro

Leite Río deixará de recoller o leite a 24 explotacións de Rodeiro

Cisterna de Leite Río

Leite Rio deixará de recoller o leite a 24 explotacións de Rodeiro (Pontevedra) en 15 días, en total 25.000 litros diarios.

O presidente de Leite Río, Jesús Lence, asegurou a Campo Galego que “Leite Río non ten previsto deixar de recoller a ningún gandeiro en Rodeiro, senón que o problema ven de que ao transportista que segue esa ruta picáronlle as rodas e furáronlle unha das cisternas nesa zona, e a partir de agora en vez de facer dúas viaxes ao día só vai poder facer unha”. Así o fai constar tamén nunha carta dirixida aos gandeiros.

Dende as organizacións agrarias e alcaldes da comarca criticaron con dureza o que consideran “unha decisión arbitraria de Leite Río” que pon en perigo o futuro das explotacións. O alcalde de Lalín, Rafa Cuiña, acusou ao presidente de Leite Río de “practicar o terrorismo económico”.

A este respecto, a ministra de Agricultura pediulle onte á industria láctea que “faga un esforzo adicional” para que non quede leite sen recoller. Pola súa parte, o presidente da INLAC e responsable de gandería de ASAJA, Ramón Artime pediulle á industria que “recapacite” e que se “dea conta” de que os gandeiros “sonlle fundamentais”.

CARTA_LEITE_RIO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información