Larsa inaugura unha nova liña de envasado en Outeiro de Rei

A industria láctea, xestionada pola asturiana Capsa, anuncia que extenderá a Madrid a comercialización dunha liña de queixo con leite de pastoreo. Elaborarase en formato lonchas e tacos

Larsa inaugura unha nova liña de envasado en Outeiro de Rei

Inauguración hoxe da nova liña de Larsa en Outeiro de Rei.

A factoría de Larsa en Outeiro de Rei (Lugo) inaugurou hoxe unha liña de envasado de leite en botella con capacidade para máis de 100 millóns de litros de leite ó ano. A actuación supuxo un investimento de máis de 15 millóns de euros, segundo indica Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa), a firma asturiana propietaria de Larsa.

A compañía subliña que nos últimos tres anos investiu 25 millóns de euros nas súas dúas plantas de Galicia, en Vilagarcía e Outeiro de Rei, nas que dá emprego a 250 persoas. Boa parte dos investimentos acometéronse despois de que Capsa abandonase a subcontratación con Casa Macán de parte do procesado do seu leite, unha cuestión que está dirimíndose agora en vía xudicial.

Entre as próximas novidades que lanzará Larsa ó mercado, figura unha gama de queixos en loncheado con leite de pastoreo. Tamén se venderán queixos en formato taco listo para cortar e un queixo semicurado en barra.

Mercado de Madrid
Coa súa liña de queixos, Larsa márcase o reto de volver ó mercado estatal, en concreto a Madrid, con queixos de orixe Galicia e leite de pastoreo. A marca traballa con 400 ganderías galegas o seu leite de pastoreo, que considera un símbolo da sostibilidade ambiental da gandería tradicional. A nivel de España, Capsa opera normalmente coa marca Central Lechera Asturiana, se ben considera que a gama Larsa de leite de pastoreo funcionará tamén ben fóra de Galicia.

A inauguración de hoxe contou coa presencia do director xeral de Capsa, José Armando Tellado, e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que destacou o apoio da Xunta ás industrias lácteas que operan en Galicia. Larsa recibiu 4,6 millóns de euros da Xunta para acometer a liña de envasado inaugurada hoxe en Outeiro de Rei.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información