A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Xundeva celebra o próximo xoves, 21 de novembro, os seus XV Encontros Gandeiros. O evento desenvolverase en Lalín, no auditorio da UNED, situado no Polígono Lalín 2000. Na xornada abordaranse temas como as diarreas neonatais, os residuos perigosos nas ganderías ou a conxuntivite infecciosa bovina.
Detallamos o programa da xornada:
-10.30 horas. Café de benvida. Cortesía de MSD Animal Health.
-11.00 horas. Apertura das xornadas. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva. Avelino Souto Rozados, concelleiro do Medio Rural do Concello de Lalín.
-11.30 horas. Aumenta os teus ingresos. Controla as diarreas neonatais. José Luís Vázquez Vázquez, xerente de zona de animais de produción do laboratorio Virbac.
-12.00 horas. Residuos perigosos en explotacións gandeiras: normativa obrigatoria e xestión. Román Habela Gruart, xerente de Aplicaciones Ambientales y Residuos.
-12.30 horas. Descanso.
-12.45 horas. Queratoconxuntivite infecciosa bovina. ¿Podemos controlala? Raúl Martínez Fernández. Veterinario responsable servizo técnico ruminantes dos laboratorios Syva.
-13.15 horas. Larvicidas: ¿Por que? ¿Cando? ¿Onde? Carlos Guada, asesor farmacéutico SP Veterinaria, técnico comercial nas Illas Canarias.
César Ramos, veterinario unidade ruminantes SP Veterinaria.
-13.45 horas. Clausura. José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín e Manuel Fernández López, presidente de Xundeva.
-14.30 horas. Comida de traballo.