Irlanda incrementa case un 10% a súa produción de leite mentres que España estáncase

LEITE XUÑO UE MAPA 2A produción de leite na Unión Europa incrementouse no primeiro semestre do ano nun 0,2%, en consonancia coas previsións da Comisión.

Non obstante, a evolución por países é moi dispar, segundo se recolle no informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea publicado este mércores. Así, mentres que en España as entregas de leite entre xaneiro e xuño aumentaron soamente un 0,2% respecto ao mesmo período de 2018, e en Portugal, Francia e Alemaña baixaron un 2%, un 1,1% e un 0,3% respectivamente, e mesmo un 2,7% en Holanda -neste caso debido en parte ás limitacións ambientais-, sen embargo hai países nos que a produción de leite disparouse.

Destaca especialmente o caso de Irlanda, un país cun plan estratéxico para o seu sector lácteo implantado desde fai máis dunha década, cunha subida semestral do 10%, ou do Reino Unido, onde animados polo Brexit os gandeiros aumentaron as entregas nun 2,8%. Tamén é de salientar o aumento da produción de leite en Polonia (un 2,3% máis) ou de Romanía, cun 6,2% máis de entregas.

Esta tendencia dispar confírmase cos datos da evolución en doce meses, desde xullo de 2018 a xuño de 2019, comparándoo co mesmo período de entre xullo de 2017 e xuño de 2018:

LEITE XUÑO UE MAPA 1

Máis información nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información