Imaxes do primeiro corte de herba deste ano en Galicia

O tempo seco e solleiro, con vento do nordés, está a favorecer estas semanas o ensilado do primeiro corte de herba en Galicia, naquelas ganderías que optan por facer dous cortes, mentres que favorece o crecemento do raigrás naquelas parcelas nas que a mediados de abril se vai facer un só corte de herba antes da sementeira do millo.

A ampla fiestra de días sen risco de choivas permite que as labores de ensilado se realicen escalonadamente, sen presas, e realizando un bo pisado e tapado dos silos, claves para a súa boa conservación. De aquí en diante si que resulta imprescindible que nas próximas semanas se recupere o tempo chuvioso para asegurar o crecemento das pradeiras.

Velaquí algunhas imaxes que nos enviaron gandeiros que están a realizar ou xa realizaron o ensilado do primeiro corte de herba.

Álvaro é un gandeiro de Prevediños, en Touro, que nos enviou estas imaxes dos traballos que están a facer estes días. Destaca que “en relación ao ano pasado este primeiro corte vai uns 9 días tarde” e en canto ás calidades prevé que “pola experiencia doutras campañas de ensilado será unha forraxe con altas porcentaxes de proteína”. Iso si, recoñece que “ao facer un ensilado con pouco presecado para non perder puntos de proteína hai que compactar moi ben os silos e non estaría de máis empregar algún conservante”. Envíanos estas fotos:

ensilado_herba_19_alvaro_touro_4 ensilado_herba_19_alvaro_touro_3 ensilado_herba_19_alvaro_touro_2 ensilado_herba_19_alvaro_touro_1

Manuel, de Sat Seixas, unha gandería de Taboada (Lugo), xa ensilou a pasada semana sobre 30 hectáreas de herba e para a próxima semana teñen previsto ensilar algunha máis. En canto á colleita, afirma que “está sendo moi boa en calidade e tampouco hai queixa na cantidade”. Sen embargo, e de cara a realizar un segundo corte “se ata agora o tempo axudou, de aquí para adiante é moi necesario que chova”.

ensilado_herba_19_manuel_taboada_1

Tamén empezaron a realizar o ensilado da herba na Mariña. Santiago Sousa Lema, director da área de Cultivos e Mecanización Agraria da Cooperativa CLUN envíanos estas imaxes:

ensilado_herba_19_irmandiños_1 ensilado_herba_19_irmandiños_2 ensilado_herba_19_irmandiños_4 ensilado_herba_19_irmandiños_3

Adrián Cundíns, xerente de Ganxabar, na comarca do Xallas, destaca que esta semana tamén están a realizar o primeiro corte de herba cunhas boas previsións en canto a calidade. Estas son algunhas das imaxes que envía:

ensilado_herba_19_ganxabar_5 ensilado_herba_19_ganxabar_4 ensilado_herba_19_ganxabar_2 ensilado_herba_19_ganxabar_3

 

Por último, José Ramón, de Gandería Ramos, na Estrada, asegura que “o luns que ven ensilo o primeiro corte de raigrás italiano con híbrido en labradío”. “Nas parcelas de máis altitude, nas que hai raigrás puro inglés aínda agardarei ata finais de abril ou principios de maio”.

ensilado_herba_19_jose ramon ramos estrada_1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información