Gandeiros de Agris coñecen tres ganderías en intensivo punteiras en España

Gandeiros de Agris coñecen tres ganderías en intensivo punteiras en España

Ponente frente aos silos da granxa San José

Un grupo de 20 mozos socios da cooperativa Agris S.C.G. Veñen de facer unha viaxe formativa de tres días de duración co obxetivo de mellorar a súa capacitación profesional, Visitaron as explotacións de Tauste Ganadera, Granja San José e Blanca Pyrenees – La Ponserosa Holsteins todas elas explotacións intensivas e punteiras no sector leiteiro en España e a nivel europeo.

No caso de Tauste Ganadera (Zaragoza), fundada en 1973 e unha das maiores explotacións de gando vacún leiteiro de España, con un exquisito trato e manexo do gando e as súas características xenéticas, que fan desta explotación un referente no sector. Desde a súa orixe adícase á produción de leite e a venda de gando selecto, aumentando posteriormente as estas actividades á comercialización de produtos lácteos.

Destaca tamén actualmente pola produción de biohumic, un bioestimulante que mellora o crecemento vexetativo das plantas, creado para a xestión dos residuos de cama quente empregada na explotación. Conta cun total 1530 reses en muxido da raza Holstein de alta xenética. A súa produción é de 53.000 litros en tres muxidos diarios e da emprego a un total de 37 traballadores.

A Granja San José, en Huesca, despunta polas melloras continuas das instalacións gandeiras para a produción de leite. Contan cunha sala rotativa para 80 vacas, con selado robotizado como principal novidade. É de salientar o investimento en cow confort na granxa que xunto co manexo, reprodución e alimentación dan como resultado unha máxima produtividade por vaca. A produción é de máis de 100.000 litros en tres muxidos diarios cun total de 56 traballadores.

Para a xestión dos residuos, teñen dúas grandes fosas con paredes chorantes chamadas weeping-walls nas que mediante a decantación filtran a auga do xurro, e reutilízana para a limpeza dos establos por flushing e para fertilizar. Por último cabe mencionar a gran inversión en fertirrigación, que consiste nun sistema de rega con pivot no empregan auga, purín filtrado, e fertilizantes líquidos no caso de requerilos o cultivo.

Finalmente visitouse Blanca Pyrenees-La Ponderosa Holsteins, en Lleida, unha granxa modelo en vacún de leite con centro de investigación e numerosos estudios de distintas casas comerciais e con referencia no sector.

Os gandeiros de Agris foron recibidos á mañá por José Ahedo Fernández que aportou o seu gran coñecemento do sector cunha charla sobre “recría, unha gran oportunidade para os produtores”. A continuación, visitaron as instalacións da granxa que constan dun campus para formación, un labarotario xenético, unha sala de exposición das mellores vacas con potencial xenético, e o resto das instalacións propias dunha gandería de investigación con 280 animais en produción.

Durante a xornada de tarde, Bernat Sales, veterinario auditor, aportou o seu coñecemento na materia de reprodución con datos reais sobre o rendemento reprodutivo e confort en explotacións leiteiras. Remataron a visita con un showroom, no que exhibiron as mellores vacas de alta xenética da explotación.

Esta visita foi financiada pola Conselleria do Medio Rural dentro do programa de axudas europeas a intercambios e visitas a explotacións agrícolas.

AGRIS_6

Una idea sobre “Gandeiros de Agris coñecen tres ganderías en intensivo punteiras en España

  1. Juan Castro

    Vaia co que se vai a aprender fora….. con 15 macrogranxas como a de Soria xa se poderían retirar da producción tódalas granxas galegas, e así poder plantar eucaliptos…que moderno chamar “cow confort” que e iso? se as vacas non verán a luz do día? que prezo querrá pagar o futuro consumidor polo leite destas macrogranxas? Deberían saber estes xóvenes que no futuro o consumidor, ese que xa merca en internet, poderá elexir e discernir, canto CO2 se emite a atmósfera pola deforestación da Amazonia que implica o consumo de soia, (pegada ecolóxica), se o millo é tranxénico, que danos a o medio ambiente (emisóns de amoníaco, óxido nitroso..nitratos nas augas, que tipo de bienestar teñen os animais, que consumo de auga produce ter que regar (pegada hídrica), cantos antibióticos se usan etc etc. non corren o risco de ter que vender a precios tirados, sen marca, e o negocio será só para os bancos que lle presten os cartos, e para os que construan as mega instalacións, ahhh e tamen para os helicópteros, que “custodiaran o territorio”. apagando lumes, un negocio que vai en aumento ano tras ano e xa representa 1/3 do gasto da C de M Rural.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información