Gandaría Barbeiro, premio á mellor produción láctea da provincia de Lugo

Rexistrou unha produción media duns 14.000 litros de leite, o que supón un 40% máis que a media da provincia. Gandaría Quintián, premio aos mellores índices xenéticos; Baixo da Hermida, premio á Cualificación Morfolóxica, e Gandaría Maseda, premio Africor Lugo.

Gandaría Barbeiro, premio á mellor produción láctea da provincia de Lugo

Entrega do premio a gandería Barbeiro

Unha gandaría do municipio lucense de Alfoz foi premiada por Africor, o organismo que agrupa a todas as granxas incluídas no programa de Control Leiteiro, como a explotación con mellor produción láctea da provincia de Lugo, no transcurso da asemblea xeral ordinaria que celebra anualmente este organismo.

Segundo informou o director executivo de Africor Lugo, Ramiro Fouz, na categoría de Mellor Produción levouse o premio a gandaría ‘Barbeiro’, do municipio de Alfoz, cunha produción media de “uns 14.000 litros de leite”, o que supón un “40% máis que a media da provincia”, explicou o director executivo de Africor Lugo.

“Iso dános idea da marxe que aínda queda para buscarlle un maior rendemento ás vacas” das explotacións agropecuarias galegas, engadiu, porque no caso desta granxa de Alfoz alcanza “unha produción excepcional”.

A gandaría ‘Quintián’, do municipio do Páramo, fíxose co premio na categoría de Mellores Índices Xenéticos, no que se valora o potencial dos animais que hai na granxa para transmitir as súas calidades á súa descendencia.

Trátase, precisou Fouz, dunha granxa cun “nivel xenético excepcionalmente alto”, sensiblemente superior á media das 1.700 explotacións lucenses sometidas ao programa de Control Leiteiro, o que lle permite que “a recría responda perfectamente ás súas expectativas”.

Na categoría de Cualificación Morfolóxica, o premio foi para a gandaría ‘Baixo de Hermida’, de Sarria, unha granxa que “revalida ano tras ano este título”, nesta ocasión “con 87,9 puntos”, o que significa “roldar a perfección na morfoloxía da vaca frisoa”. Trátase, engadiu, dun “criador excepcional”.

O premio Africor, que “compila todos estes aspectos, xunto con outros, de modo que o gañador ten que estar ben situado en todas as categorías”, foi para a gandaría ‘Maseda’, de Pol, que tamén é unha granxa “habitual” nestes galardóns e de “referencia” na provincia.

As ganderías premiadas como mellores da provincia son as seguintes:

GANDERÍA CONCELLO Cualificación morfolóxica Produción por vaca Índices xenéticos
MASEDA POL                     82,69                  13.545  2.243
CASA DE BAIXO SARRIA                     87,86                  12.635                     2.203
NODI BARREIROS                     83,51                  13.550                     2.086
VILAR DE SUSAO SARRIA  82,05                  12.436                     2.192
OUTEIRO CHANTADA                     83,58                  13.640                     2.044
CARREIRA O INCIO                     82,05                  13.703  2.040
LODOS E PEREZ A PASTORIZA                     81,52                  11.881                     2.136
VEGA CASTRO DE REI                     81,77                  11.564                     2.048

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información