Galicia mantén estancada a súa produción de leite no primeiro semestre

Galicia mantén estancada a súa produción de leite no primeiro semestre

Vacas na gandería Devesa Langueirón

Galicia mantivo no primeiro semestre do ano a súa produción de leite de vaca prácticamente nos mesmos niveis que no mesmo período do ano pasado, cun lixeiro incremento, inferior ao que se rexistrou no conxunto de España.

Así se desprende do último informe do Fega de declaracións obrigatorias do sector lácteo correspondente ao mes de xuño. Durante ese mes os 14.979 gandeiros españois que declararon entregas de leite declararon un total de 582.088 toneladas de leite, o que supón un 0,6% máis que en xuño de 2016. En Galicia, declaráronse en xuño un total de 221.037 toneladas, o que supón tan só un 0,10% máis que no mesmo mes do pasado ano. Un total de 8.305 explotacións de vacún de leite galegas declararon entregas en xuño, 48 menos que no mes de maio.

E se analizamos o primeiro semestre do ano, en España as entregas medraron un 0,4% respecto ao mesmo período de 2016, ata alcanzar os 3,55 millóns de toneladas. En Galicia o incremento foi notablemente menor, do 0,07%, ata chegar a 1,333 millóns de toneladas. Desta forma a comunidade reduce lixeiramente o seu liderado na produción de leite de vaca en España, co 37,5% do total, unha décima menos que no primeiro semestre do pasado ano.

Prezos cun lixeiro descenso respecto de maio

FEGA_LEITE_XUNHO_17En canto aos prezos, a media en España foi de 0,310 euros por litro, cun lixeiro descenso respecto dos 0,318 do mes de maio. Galicia segue na cola en canto a retribucións aos gandeiros por parte da industria, cun prezo medio en xuño de 0,297 euros o litro, fronte aos 0,299 do mes de maio.

E iso a pesar de que o leite producido polas ganderías de Galicia é a que ten mellor calidade de materia graxa (3,68% fronte ao 3,55% da media española), o que debería repercutir en maiores retribucións para os gandeiros dado o prezo récord que está a alcanzar a manteiga nos mercados. En canto ás calidades de proteína, situouse nunha media do 3,18% tanto en Galicia como na media española.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información