Fréase o descenso do consumo de leite en España e aumenta o de iogures

Fréase o descenso do consumo de leite en España e aumenta o de iogures

Reparto de leite na Alameda de Compostela durante as protestas do sector gandeiro en setembro de 2015

O descenso do consumo de leite líquido en España parece que está a frearse. Cando menos é o que se desprende dos datos do “Informe de conxuntura do sector de vacún de leite” deste mes de xuño elaborado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

En concreto, o estudo analiza a evolución do consumo de leite en España entre xaneiro e novembro de 2017 e conclúe que o consumo de leite de consumo diminúe un 0,1% con respecto ao mesmo período de 2016. Pola contra, o de leite fermentada (iogures e outras sobremesas lácteas) aumenta un 5% e o de queixos descende un 0,6%.

Porén, se se comparan cos datos do Ministerio correspondentes a 2015, entón o consumo de leite e produtos lácteos caeu un 0,5% en relación ao ano 2015. Máis en detalle, nos fogares españois o consumo de leite líquido reduciuse en 2016 en relación a 2015 un 2,2% e o dos derivados lácteos baixou un 0,6%.

O consumo de leite en España descendeu case un 30% desde o ano 2000. En concreto, a media hoxe está en arredor de 73 litros por habitante e ano fronte aos 100 litros que se tomaban hai 18 anos.

O informe de conxuntura do sector de vacún de leite en España tamén conclúe que “o consumo de leite e produtos lácteos en España ten unha estrutura diferente á do resto dos países da UE debido a que o consumidor español decántase en especial polo leite de consumo, principalmente de longa duración (UHT), así como cara a un consumo máis alto de iogures e queixos, e doutra banda un consumo moi inferior de manteiga”.

Un consumo de leite moi estacional

Outra característica do mercado español é a súa marcada estacionalidade no consumo de lácteos, cun descenso máis marcado nos meses de verán, especialmente en leite líquido, coincidindo coas vacacións escolares.

A tendencia do consumo dos principais produtos expresados en toneladas (leite líquido, leite fermentada e queixo) obsérvase na seguinte gráfica:

Subdirección General de Productos Ganaderos. Dirección General de Producciones y Mercados Agrarios. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente

Subdirección General de Productos Ganaderos. Dirección General de Producciones y Mercados Agrarios. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información