Fonterra valora iniciar poxas europeas de produtos lácteos no 2020

A industria neozelandesa, que opera o Global Dairy Trade, principal sistema de poxas de lácteos a nivel mundial, recibiu boa predisposición nos operadores para crear un mecanismo de compra – venda específico para Europa

Fonterra valora iniciar poxas europeas de produtos lácteos no 2020

Fonterra é unha das principais lácteas a nivel mundial.

Europa contará no 2020 cun sistema de poxa de produtos lácteos industriais, segundo as previsións feitas públicas pola industria láctea neozelandesa Fonterra e polo mercado de futuros European Energy Exchange ( EEX), que manteñen unha alianza desde setembro do 2017 para valorar a creación dun mecanismo de poxas de lácteos en Europa.

As consultas realizadas entre operadores do mercado por ambas as entidades constataron boa predisposición a un sistema europeo de poxas, na liña do Global Dairy Trade, o mecanismo de compra – venda internacional creado por Fonterra, que conta con máis de 500 licitadores de 80 países.

Fonterra e o EEX reuníronse no último ano e medio con máis de 50 operadores da cadea de valor láctea, vendedores e compradores de Francia, Alemaña, Irlanda, Holanda, Escandinavia, Suecia, Reino Unido e compradores de Asia.

En base ó interese recibido, comeza agora unha nova fase do proxecto, na que se estudará a viabilidade comercial e buscaranse compromisos firmes de potenciais clientes. A decisión final sobre a creación do sistema europeo de subasta de lácteos tomarase a mediados do 2019. Se é positiva, a primeira poxa tería lugar no 2020.

Desde Fonterra e o EEX cren que o sistema podería beneficiar á cadea de valor de produtos lácteos, proporcionando outra canle de negocio para exportacións, así coma xerando novos datos de mercado en relación ós prezos dos produtos lácteos industriais (leite en po, manteiga, queixos, soro, etc.).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información