Fefriga e as Africor galegas inician un proceso de fusión para optimizar recursos e ter máis relevancia

Fefriga e as Africor galegas inician un proceso de fusión para optimizar recursos e ter máis relevancia

Reunión das xuntas directivas de Fefriga e das catro Africor galegas

Este pasado venres reuníronse na sede da Federación Frisona Galega (FEFRIGA) en Santiago de Compostela, as Xuntas Directivas das 4 AFRICOR (Asociación Provincial de Control Leiteiro). Durante a mesma e a nivel informativo, acordaron por unanimidade iniciar un proceso de fusión das 4 AFRICOR e FEFRIGA.

O seguinte paso consiste en que as Africores informarán aos seus respectivos socios que son os que teñen a última palabra en asemblea.

Segundo fontes da negociación, “o obxectivo é optimizar os recursos técnicos e humanos e sermos máis eficientes para as ganderías socias, tanto nas funcións de control leiteiro como no xestión do libro xenealóxico da raza frisona”.

A fusión unha nova entidade xurídica tamén permitirá dar máis peso aos produtores lácteos galegos tanto nas negociacións coas administracións como dentro de CONAFE, a asociación nacional de raza frisoa.

“É un proceso lóxico de sumar forzas que nos beneficiará a todas as ganderías socias. Empezouse a falar entre as directivas hai medio ano e, se os socios e socias dan o seu apoio, debería permitir que dentro dun ano estea creada esta nova asociación galega de ganderías de raza frisoa”, sinalan as mesmas fontes.

Na actualidade das 7.500 ganderías de vacún de leite de Galicia, unhas 2.600 son socias dunha Africor, sendo en xeral as máis profesionalizadas, e representando máis do 50% da produción láctea de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información