Factores que inflúen na detección de celos en vacas

Intervención de Javier Valledor Puente, xefe dos Servizos Veterinarios de Feiraco na Xornada Técnica: Sanidade en Vacún de Leite, celebrada na EFA-Fonteboa, en Coristanco (A Coruña).

Factores que inflúen na detección de celos en vacas

Vaca en celo.

Na detección de celos inflúen tanto factores humanos como das propias vacas.

Factores humanos:

O principal factor neste sentido é o tempo de observación que lle dedica o gandeiro.

Tal e como se amosa neste cadro, hai unha relación entre a probabilidade de detectar o celo segundo a produción de leite en función das veces que se vixila o celo ao longo do día:

celos_Javier_Valledor_01

Outro factor determinante é a produción de leite: canto maior é menor durará o celo da vaca:

celos_Javier_Valledor_02

Outros factores que inflúen na duración do celo dunha vaca son:

A temperatura: a maior temperatura ambiental menor é o intervalo do celo. Isto leva a importantes oscilacións na duración do celo da vaca entre o verán e o inverno, tal e como se reflicte nesta gráfica:

celos_Javier_Valledor_4

Outro factor que inflúe negativamente na detección de celos é a mala ventilación e a acumulación de amoniaco na corte.

A calidade do chan tamén inflúe considerablemente xa que os pisos de cemento esvaradizos impiden a actividade de celo nas vacas por medo a esvararen.

Neste sentido, se comparamos un piso de terra cun de chan as diferencias son evidentes:

celos_Javier_Valledor_5

Factores dependentes das vacas:

Balance enerxético negativo: perdas de 1 pto tra-lo parto, stress ou as instalacións dan uns índices de preñez máis baixos.
Saúde xeral da vaca: existencia de problemas de coxeiras, parasitose (piollos,sarna, cetose…)
Alteracións no aparato reprodutivo: distocias, retención de placenta, quistes…

Alternativas para mellorar a detección de celos:

Podometros,cintas, tizas rabo..
Programas de sincronización: Pg, Presynch, Resynch, Ovsynch, Cosynch+Cyder…

Javier Valledor Puente

Javier Valledor Puente traballa nos Servizos Veterinarios de Feiraco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información