España compra ao resto da UE 4 kilos de queixo por cada un que lle vende

Así se manifesta nos datos do Observatorio do Mercado Lácteo. España é altamente deficitaria en queixos pero exporta moito máis leite en po da que importa. Na pasada semana subiron os prezos da manteiga e do queixo na UE

España compra ao resto da UE 4 kilos de queixo por cada un que lle vende

Interior de Queixerías Bama

Incrementar a produción de queixos en España segue sendo unha das grandes materias pendentes para o sector lácteo. Sirva como exemplo que por cada quilo de queixo que España exporta ao resto da Unión Europea importa 4 quilogramos.

Os últimos datos do Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea non deixan lugar a dúbidas: en 2015 España exportou ao resto da UE 62.596 toneladas de queixo, pero importou máis de 257.000 toneladas. Se se analizan os datos dos tres últimos anos é certo que as exportacións de queixos españois ao resto de socios comunitarios creceron un 7%, pero as importacións tamén o fixeron nun 4%.

Cales os nosos principais vendedores de queixos? O primeiro posto ocúpao Alemaña, con 68.861 toneladas en 2015; seguida de Francia, con 66.210 toneladas e Holanda, con 48.846 toneladas. Unha balanza comercial claramente negativa respecto das nosas exportacións, cuxos principais destinos dentro da UE son Italia (19.577 toneladas que lles vendemos o pasado ano), seguida de Portugal (17.660), Francia (13.541) e Alemaña, con só 4.230 toneladas.

E como é a tendencia no que vai de 2016? A tendencia está a mellorar, segundo os datos da Comisión Europea do primeiro cuadrimestre. Así, as exportacións de queixos españois ao resto da Unión Europa incrementáronse de xaneiro a abril un 13%, ata as 21.918 toneladas, e as importacións tamén creceron pero menos, un 3%, situándose en 86.010 toneladas.

Crecen as exportacións españolas de leite en po

A balanza comercial negativa de produtos lácteos de España co resto da UE compénsase en parte, cunhas maiores exportacións de leite en po, produtos nos que o saldo comercial é positivo.

Así, segundo os datos do Milk Observatory Market, as exportacións españolas de leite en po desnatada (SMP) creceron no período 2013-2015 un 25% ata as 54.184 toneladas o pasado ano, mentres que as importacións baixaron un 16% ata as 3.247 toneladas.

En canto ao leite en po enteira (WMP) a evolución tamén foi positiva para a balanza comercial española: as importacións baixaron un 44% no últimos tres anos ata as 4.544 toneladas en 2015, mentres que as exportacións incrementáronse un 11% ata as 14.814 toneladas.

Pola contra, no soro de leite en po (Weypouder) o saldo comercial de España con resto da UE é negativo. No últimos tres anos, as importacións creceron un 8%, ata as 35.037 toneladas o pasado ano, mentres que as exportacións aumentaron un 1% ata as 29.749 toneladas.

A pasada semana seguiron subiron os prezos da manteiga e do queixo na UE

Por outra banda, as últimas cotizacións parecen confirmar a recuperación dos prezos das commodities lácteas na Unión Europea. Segundo os datos da Comisión Europea do 10 deste mes, o prezo da manteiga subiu na última semana un 0,8%, acumulando unha subida interanual do 1%. A mesma subida experimentou o soro de leite en po, mentres que o prezo do leite en po enteira incrementouse un 0,3%, mentres que o da desnatada caeu un 0,2%.

En canto ao queixo, o Edam subiu un 3,9%, o Gouda un 4,6% e o Emmental incrementou a súa cotización un 2,5%. Pola contra, o Cheddar inglés caeu un 0,7%.

PREZOS_COMMODITIES_UE_XULLO_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información