España aumenta as exportacións de produtos lácteos ao resto da UE

España aumenta as exportacións de produtos lácteos ao resto da UE

España mellorou no primeiro semestre do ano a súa balanza comercial de produtos lácteos (queixo, manteiga ou leite en po) co resto de países da Unión Europea, segundo se recolle no último informe do Observatorio do Sector Lácteo da Comisión Europa.

Os datos, que comparan a evolución entre xaneiro e xuño de 2017 co mesmo período do pasado ano, reflicten un incremento das exportacións españolas por riba das importacións, que tenden a baixar, aínda que a balanza comercial de España segue sendo claramente deficitaria, especialmente en queixos, onde importamos do resto da UE tres veces máis do que importamos.

Por produtos, entre xaneiro e xuño España exportou a outros estados da Unión Europea un total de 6.540 toneladas de manteiga, o que supón un 28% máis, mentres que as súas importación intracomunitarias ascenderon a 7.674 toneladas, un 23% menos que no primeiro semestre do pasado ano.

España reduciu no primeiro semestre nun 10% as importacións de queixo da UE

En canto ao queixo, España vendeu ao resto da UE ata xuño un total de 34.538 toneladas de queixo, o mesmo que o pasado ano, pero as importacións do resto da unión caeron un 10% ata as 121.305 toneladas.

No relativo ao leite en po, as exportacións españolas de desnatado medraron un 35% ata as 1.497 toneladas; porén, unha suba insignificante se se compara coas 20.434 toneladas -un 10% menos- que importou doutros países da UE. Máis relevante foi a evolución das exportacións de leite enteiro en po, xa que entre xaneiro e xuño España exportou un 93% máis, ata acadar as 3.952 toneladas, mentres que as importacións caeron un 24%, situándose en 5.902 toneladas.

Por último, en canto á proteína de soro de leite, un dos derivados lácteos en alza nos últimos anos, España tamén incrementou as súas exportacións ao resto da UE nun 2%, ata as 17.659 toneladas, ao tempo que as importacións caeron no primeiro semestre un 6%, quedando en 14.545 toneladas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información