As entregas de leite continúan baixando en España, aínda que Galicia segue a medrar

As granxas galegas sitúanse un mes máis á cola dos prezos pagados no campo, con 31,7 céntimos

As entregas de leite continúan baixando en España, aínda que Galicia segue a medrar

O último informe do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) revela que en xaneiro a produción de leite caeu en España por quinto mes consecutivo. Esa baixada, que en xaneiro foi dun 1,8% en relación ó mesmo mes do pasado ano, non se está a producir sen embargo en Galicia, que medra a menor ritmo que en meses anteriores, pero segue a incrementar entregas. En xaneiro, fronte a caída estatal de máis de 12.000 toneladas, Galicia entregou 1.300 toneladas máis que no mesmo mes do 2018, o que representa un 0,5% máis.

En prezos, as granxas da comunidade continúan á cola dos prezos pagados no campo, con 31,7 céntimos, o mesmo prezo medio que en decembro. En España, a media sitúase en 33 céntimos, tamén sen cambios en relación a decembro, en tanto nas comunidades veciñas, Castilla y León está en 33,4 e Asturias en 34,9 céntimos.

En canto a niveis de graxa e proteína, como é habitual, Galicia lidera a táboa de graxa, con 3,91, pola media estatal de 3,80, e sitúase no promedio en proteína, con 3,30, fronte a unha media estatal de 3,31.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información