Enquisa sobre que demandan os gandeiros do persoal asalariado

Líderes en Benestar, a empresa que fai uns dous meses lanzou un proxecto pioneiro en Galicia para recrutar, formar e ofrecer persoal asalariados ás explotacións gandeiras, iniciou recentemente un segundo paso para esta iniciativa. En concreto, unha enquisa para coñecer o que demandan e ofrecen os titulares das ganderías aos seus posibles asalariados.

A enquisa pódena completar os gandeiros na seguinte ligazón: http://www.e-encuesta.com/r/wf8a2c9zTRt7uJPArc4MKw/

Así, e no relativo ás substitucións para realizar muxidos nas ganderías de vacún de leite, Líderes en Benestar pregunta sobre os criterios de valoración que usaría o empresario-gandeiro para contratar a unha persoa.

Tamén se pregunta polos erros máis frecuentes atopáronse no persoal contratado, así como a frecuencia con que a gandería demandaría un servizo de substitución para o muxido. Por último, pregúntase ao gandeiro canto estaría disposto a pagar pola realización de cada un dos muxidos que contrate.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información