Data inicio: 26/10/2017
Data fin: 26/10/2017
Lugar: Auditorio Municipal de Lalín, Rúa do Parque, Lalín, España
A Agrupación de Defensa Sanitaria (ADS) Xundeva celebra o xoves 26 de outubro os seus XIII Encontros Gandeiros. O evento, que estará patrocinado por Hipra, desenvolverase no auditorio de Lalín. O programa da xornada é o seguinte:
10.30 h. – Café de benvida.
11 h. – Apertura das xornadas
– Manuel Fernández. Presidente de Xundeva.
– Nicolás González. Concello de Lalín.
– Jesús Caballero. Laboratorios Hipra.
11.30 h. – Situación epidemiolóxica no ámbito da ADS Xundeva e valoración das actuacións realizadas. (Gloria Martínez, coordinadora dos servizos veterinarios de Xundeva).
12 h. – Piroplasmose en gando vacún. Que podemos facer? (Ceferino M. López. Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago).
12.30 h. – Café.
12.45 h. – As aflatoxinas: problemática e medidas de prevención en vacún de leite. (Gerardo Rivero, Consellería do Medio Rural).
13.30 h. – Benestar do traballador: pilar fundamental da produción leiteira. (Manuel Morales, Oceva cooperativa Zamora).
14.15 h. – Clausura XIII Encontros Gandeiros. (Rafael Cuíña, alcalde de Lalín. Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural).
14.30 h. – Comida de traballo.
16.30 h. – Diagnóstico de enfermidades infecciosas: conceptos para a correcta interpretación dos resultados. (Lourdes Porquet, Laboratorios Hipra).
17.15 h. – Impacto económico do Herpesvirus bovino tipo 1 nas explotacións lácteas (Ramón Armengol, Universidad de Lleida).