¿En que países da Unión Europea as vacas producen máis leite?

A produción media de leite por vaca e ano na Unión Europea situouse no 2016 -o último dato dispoñible- en 6.905 quilos de leite, aínda que con importantes diferenzas segundo os estados. Así se recolle nun informe publicado polo Observatorio Lácteo da UE, organismo dependente da Comisión Europea de Agricultura.

Sen embargo, as disparidades entre os estados son notables, segundo o sistema de manexo do gando (en pastoreo ou estabuladas), o nivel xenético do rabaño..etc. Así, España situouse no 2016 como o cuarto país con vacas leiteiras máis produtivas, cunha media de 8.700 quilos de leite por animal. Na cabeza situáronse os países nórdicos: Dinamarca, con 9.600; seguida de Estonia (9.100 kg), Suecia (8.800) e Finlandia (8.700).

Na parte baixa, que non na menos rendible, atópanse países que apostaron máis por sistemas de alimentación do gando vacún en base a pastoreo, como Irlanda (5.300 quilos) ou nos que o sector lácteo está menos desenvolvido Romanía (3.300).

E nunha zona intermedia sitúanse países con sistemas mixtos de estabulación e pastoreo ou nos que prima a produción de leite con elevada cantidade de sólidos, como Francia (6900 quilos), Holanda (7.800 quilos) ou Alemaña (7.700 quilos por vaca e ano).

produccion_leite_ue_vaca_1

España, entre os países que máis incrementou a produción por vaca desde o ano 2000

En canto á evolución desde o ano 2000 até o 2016 a media de produción por vaca e ano pasou de 5.484 quilos a 6.906. Entre os países que máis incrementaron a produtividade da súa cabana vacuna destacan España, que pasou de 5.515 quilos de leite por animal no ano 2000 a 8.700 quilos no 2016. Irlanda, Italia e Francia foron, por esta orde, os que rexistraron menores incrementos de produción.

produccion_leite_ue_vaca_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información