¿En que países da UE subiu e baixou máis o leite na primeira metade do ano?

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea (Milk Market Observatory) publicou a pasada semana un informe cos prezos do leite referidos ao mes de xuño, que se situaron de media na UE en 0,3231 euros por litro, un 0,7% máis que no mes de maio.

PREZOS_LEITE_UE_MAIO

No caso de España permaneceron sen cambios, nunha media de 0,3068 euros o litro. Tamén permaneceron estables os prezos en Portugal (0,3036 euros) e en Alemaña (0,3238 euros), mentres que subiron en Francia (0,3356 euros) e baixaron en Holanda (0,3400).

En canto á evolución internacional, e tendo en conta os prezos de maio, de media na UE os prezos do leite en orixe baixaron un 3% respecto de maior de 2017. Entre os países nos que houbo subidas nos últimos 12 meses destaca España (+1%), pero sobre todo pequenos países do Leste e Portugal (+6%). Pola contra, entre vos Estados da UE nos que máis baixou o prezo do leite respecto de maio do ano pasado sobresaen Bélxica (-8%), Holanda (-6%), Italia (-5%) ou Alemaña (-4%).

prezos_leite_internanual_maio

Previsión de subida de prezos a partir de xullo

En canto á evolución dos prezos, á luz da tendencia dos dous últimos anos, a previsión é que suban a partir do mes de xullo no conxunto da Unión Europea:

prezos_leite_internanual_evollu

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información