¿En que comunidades avanza máis o xenotipado en vacún de leite?

O xenotipado das becerras é unha das principais vías de mellora da xenética en vacún de leite para os próximos anos. José Antonio Jiménez, xefe de departamento técnico de CONAFE, explicou na última xornada técnica de Africor Pontevedra os avances que permite esta técnica

¿En que comunidades avanza máis o xenotipado en vacún de leite?

O xenotipado das xatas, xunto que coa utilización de touros xenómicos e a transferencia embrionaria preséntanse como as principais vías de mellora xenética en vacún de leite de cara ao futuro. Sen embargo, mentres que a utilización de seme de touros xenómicos xa está moi popularizada (en 2018 ao redor do 70% do seme utilizado en España en vacún de leite foi de touros non probados), a transferencia embrionaria e o xenotipado son estratexias de progreso xenético que aínda teñen moito percorrido no noso país.

Neste sentido, José Antonio Jiménez, xefe de departamento técnico de CONAFE, explicou na última xornada técnica de Africor Pontevedra os avances que permite esta técnica para unha gandaría.

Como punto de partida, destacou que “a clave da mellora xenética sempre é a boa recollida de datos para, sabendo os obxectivos que nos marcamos en cada gandaría, utilizar os datos para tomar decisións acertadas”.

 “O xenotipado é unha das principais vías para mellorar o progreso xenético vía materna”

Centrándose xa no xenotipado, destacou que “é a principal vía para acelerar a mellora xenética do rabaño, seleccionando mediante probas de análises do ADN ás mellores becerras para recriar ou procurar que nos deixen descendencia frisoa, e así mellorar a rendibilidade do noso rabaño”.

Así, mentres que grazas á utilización de touros xenómicos o ICO dos machos de raza Holstein pasou dunha media de 2.000 puntos no ano 2009 a 4.300 puntos en 2017, o das femias tamén aumentou pero menos: duns 1.800 puntos ICO a 3.000 puntos, sendo o xenotipado una das principais vías para mellorar o progreso xenético vía materna.

Neste sentido, o responsable técnico de CONAFE lembrou que “a nivel europeo realizáronse máis de 500.000 xenotipados o pasado ano, unha cifra que baixa a só 15.000 en España”. “Isto sitúanos nunha desvantaxe competitiva fronte ao resto de gandarías europeas”, advertiu.

Cataluña e o País Vasco, á cabeza de España en xenotipado

CONAFE_XENOTIPADO_1

En canto á implantación desta técnica no territorio estatal, Cataluña lidera claramente o ranking, con preto de 5.000 xenotipados en 2018, seguida de Navarra, cuns 2000, Galicia con outros 2000 e o País Vasco cuns 1.500.

Porén, se se analizan os datos en relación á cabana gandeira, por provincias soamente Barcelona, Xirona, Navarra, Guipúzkoa, Álava e Córdoba superan o 15% de xenotipado.

CONAFE_XENOTIPADO_2

Que información proporciona o xenotipado dunha tenreira?

O xenotipado dunha becerra proporciona á gandeiro información sobre o potencial xenético do animal tanto desde o punto de vista morfolóxico, produtivo e tamén de saúde, así como a porcentaxe de fiabilidade de cada un dos caracteres.

Velaquí un exemplo:

CONAFE_XENOTIPADO_3

Resultados de xenotipado en granxas

José Antonio Jiménez puxo como exemplo dos efectos do xenotipado os resultados de 4 anos nun grupo de granxas do País Vasco, en canto a redución de enfermidades relacionadas con malformacións.

“O máis destacado é que grazas ao xenotipado descendeu do 10 ao 5% os casos de Brachiospina, e tamén, pero de forma máis moderada, doutras enfermidades recesivas. As porcentaxes de enfermidades causadas por haplotipos tamén caeron e nos caracteres produtivos, mellorou tamén a porcentaxe de animais que producen leite con máis aptitude queixeira, é dicir, cos xenes Betacaseína A2A2 e Kappacaseína”, destacou o responsable do departamento técnico de CONAFE.

Resultados de 4 anos de xenotipado en granxas do País Vasco:

CONAFE_XENOTIPADO_4Os resultados doutro estudo realizado en granxas de Cataluña tamén mostras nas gandarías que xenotiparon máis do 25% da recría tiveron un maior progreso xenético, de até o 30% respecto das que non o realizaron:

CONAFE_XENOTIPADO_5 CONAFE_XENOTIPADO_6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información