En Mazaricos despiden o ano cun brinde con leite

En Mazaricos despiden o ano cun brinde con leite

Por terceiro ano consecutivo os veciños e veciñas do concello de Mazaricos quixeron despedir o ano brindando con leite de vaca. Foi este mediodía na Casa da Cultura da Picota, onde, malia o temporal, non quixeron perder a ocasión para reivindicar con este singular brinde a importancia da gandería neste concello coruñés e o orgullo de vivir en Mazaricos.

Varios nenos conduciron o acto coa lectura de textos propios sobre a importancia do sector lácteo. Amenizaron o evento as cantareiras da Asociación de Amas de Casa – O Hórreo. Canda o brinde con leite as persoas asistentes degustaron unha tarta con forma de vaca.

Pese a que se suspendeu a Carreira do Leite debido ás condicións meteorolóxicas, a veciñanza animouse a achegarse ao brinde con máis esencia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información