pastoret_2

El Pastoret: Un exemplo de éxito na industria láctea española

Esta empresa familiar catalá, fundada no ano 1992, logrou situar os seus iogures e sobremesas lácteas nas grandes cadeas de distribución tanto de España como do estranxeiro competindo con grandes multinacionais. Os seus fundadores explican as claves do seu éxito

Lograr un produto diferenciado competindo nun mercado moi maduro e controlado polas grandes multinacionais como é o das sobremesas lácteas. Este é o éxito de El Pastoret, unha empresa catalá cuxos fundadores, Xavier Pont e Teresa Vallés, explicaron no último The Alltech One Ideas Fórum celebrado en Madrid como lograron en apenas 25 anos pasar dun pequeno obradoiro artesanal a facturar máis de 20 millóns de euros, elaborar unhas 400.000 sobremesas lácteas e iogures ao día e estar presentes en países como Francia, Suíza ou o Reino Unido.

?”s meus pais viven en Sant Guim de Freixenet, unha pequena localidade de Lleida onde existen granxas de vacún de leite de tamaño familiar. Tiñan un rabaño de cabras e os domingos a miña nai, Carmen, facíanos requesón a min e a Teresa co leite sobrante. Estaba boísimo e fomos madurando a idea de facer un pequeno obradoiro artesanal para vender este produto na comarca. Foi así como empezamos no ano 1992”, explica Xavier Pont.

“A aceptación nos comercios e nos restaurantes da zona foi excelente, e foi así como empezamos a elaborar sobremesas lácteas, apostando por ese carácter artesanal que é o que nos diferencia no mercado”, engade Teresa Vallés, quen recoñece que “custa moito facerse un lugar no mercado dos lácteos”.

Esixen que as vacas saian a pastoreo e que non se muxan máis de 2 veces ao día

A materia prima orixinal, o leite de cabra, fórono substituíndo por leite de vaca, ante a falta de materia prima na zona para satisfacer a demanda. Apostan por contratos con gandarías da zona, preferentemente de tamaño pequeno ou mediano, “pois son coas que podemos traballar mellor tanto para implantar os nosos requisitos de alimentación, de benestar animal, e de transición para producir en ecolóxico, contando para todo iso co asesoramento de Alltech, que a través do sistema In Touch controla en todo momento a alimentación que reciben a vaca no carro mesturador”, explica Xavier Pont.

O seguinte paso importante para El Pastoret foi a construción en 2005 dunhas novas instalacións, xa que o obradoiro quedáraselles pequeno. “E decidimos quedarnos no pobo, en Sant Guim de Freixenet porque forma parte da nosa filosofía de empresa de traballar e beneficiar á contorna local”, destaca Teresa Vallés.

 “A clave de El Pastoret é innovación e apostar por un produto artesanal ligado a un territorio”

As obras duraron 4,5 anos, supuxeron un investimento de 8 millóns de euros e entraron un funcionamento en 2010. “Son unhas instalacións que incorporan as tecnoloxías máis avanzadas e permítennos elaborar neste momento unhas 400.000 unidades de sobremesas lácteas. E nos próximos 2 anos temos previsto amplialas”, destaca Xavier.

Coa bagaxe destes 25 anos, esta parella de emprendedores na industria láctea destaca como claves do éxito de El Pastoret ser fieis á súa filosofía de empresa, apostando por produtos artesanais e ligados a un territorio, neste caso a comarca da Segarra, e o esforzo continuado en innovación. “Non podemos competir vendendo iogures a 20 céntimos, temos que vender calidade, non cantidade”, subliña Teresa Vallés.

Innovaron nos envases para alargar a vida de útil do requesón desde os 7 aos 21 días

Respecto disto último, Xavier Pont destaca que “investigamos nos primeiros anos para lograr un envase que alargase a vida útil do requesón mantendo a súa textura e sabor, e desta forma logramos que pasase dunha vida útil de 7 días a 21 días, sen engadir aditivos nin conservantes”. Precisamente os seus envases para os iogures artesanais de 500 e de 125 gramos son únicos no mercado e axudáronlles a diferenciar o seu produto.

En canto á materia prima, o leite procede de gandarías da comarca da Segarra. “Queremos estar preto dos gandeiros para obter o mellor leite, pois dános o sabor do produto final e permítenos lograr ese yogurt cremoso, suave e no punto óptimo de acidez”, destaca Xavier Pont.

Nos contratos que asinan cos gandeiros El Pastoret esixe que as vacas non teñan máis de 2 muxidos diarios, que saian a pacer e que se logren os maiores niveis de benestar animal.

“Temos que unir paixóns: a dos gandeiros polas vacas e a nosa polo produto. Eu o que lles digo ao gandeiro é preguntarlle que faría para mellorar a súa granxa. E pregúntolle en que prezo se sentiría cómodo, e a cambio de 3 ou 4 céntimos máis por litro esixímoslles que as vacas teñan máis benestar animal”, explica un dos fundadores do Pastoret.

Priman como gandarías provedoras de leite ás granxas pequenas: “Cremos que son as que xogan na nosa liga, e eles tamén están máis cómodos connosco. Grazas a esta alianza en beneficio mutuo logramos que haxa relevo xeracional en granxas familiares que ían pechar”, destaca Xavier.

Teresa Vallés e Xavier Pont

Teresa Vallés e Xavier Pont

Aposta polo leite ecolóxico

Unha das estratexias de futuro nas que El Pastoret está a centrar os seus esforzos é na produción ecolóxica. Neste sentido, e para asegurarse a produción de leite ecolóxico na súa contorna está a chegar a acordos con varias gandarías.

“Propómoslles un contrato a 5 anos con prezos garantidos, de forma que durante os dous primeiros anos de conversión pagámoslles o leite a entre 34 e 35 céntimos, e desde o terceiro ao quinto garantímoslles aos gandeiros un prezo de 52 céntimos o litro”, explica Xavier Pont.

Ofrécenlles aos gandeiros en ecolóxico contratos a 5 anos: con 35 céntimos os primeiros dous e a 52 céntimos o litro o tres últimos anos

A gama de produtos lácteos ecolóxicos que ofrecen xa é ampla: “Comezamos coa nosa gama de Yoghourt Ecolóxico cunha capa intermedia de froita ecolóxica que ofrece unha experiencia gastronómica única ao consumilo. Conseguir isto foi todo un reto xa que require unha técnica especializada en canto a composición da receita como na maquinaria utilizada. Ademais, este último ano traballamos para ofrecer novas alternativas aos consumidores, creando o primeiro Yoghourt Ecolóxico ao Estilo Grego do mercado e a Crema de Chocolate Ecolóxica, en envase de cerámica 100% compostable. Por último, quixemos ir máis aló no desenvolvemento dunha gama ecolóxica en formato de 500g, para os amantes de Pastoret e dos produtos ecolóxicos”, explica Teresa Vallés.

“Temos que lograr recuperar a ilusión dos gandeiros e lograr entre todos que este sector vaia crecendo”, conclúe Xavier Pont.