O DIRECTOR XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS, JOSÉ BALSEIROS, VISITARÁ AS INSTALACIÓNS DE XENÉTICA FONTAO XUNTO CUNHA DELEGACIÓN DE GANDEIROS DA AFRICOR CORUÑA. NO SALÓN DE ACTOS. (NO LUGAR DE FONTAO, S/N. PARROQUIA DE ESPERANTE).

Douscentos gandeiros de Africor Coruña fórmanse en Xenética Fontao en reprodución bovina

Para o mes de febreiro está prevista unha nova actividade con medio cento de produtores. As sesións divulgativas coinciden co inicio da campaña para a compra anual de doses seminais das explotacións en control leiteiro

Xenética Fontao desenvolveu unha xornada de formación para arredor de douscentos gandeiros de Africor Coruña. O obxectivo do encontro foi asesorar ós produtores en materia de xenética e informalos sobre a oferta de Fontao, coincidindo coa campaña anual de adquisición de doses seminais por parte das explotacións que están en control leiteiro. Para o mes de febreiro está prevista unha nova sesión con medio cento de produtores.

Sesión técnica cos produtores.

Sesión técnica cos produtores.

A xornada de onte, que contou coa presenza do director xeral de Gandería, José Balseiros, incluíu unha visita ás instalacións, na que se puideron ver parte dos touros. O acto permitiu tamén que os gandeiros intercambiasen impresións directamente cos técnicos de Xenética Fontao, o centro de referencia na selección e reprodución animal en Galicia.

Fontao conta na actualidade cuns 470 sementais das razas frisona, rubia galega, branco azul belga e limusina. É unha empresa pública participada nun 80% pola Conselleria do Medio Rural, nun 10% pola Federación Frisona Galega (Fefriga) e noutro 10% pola Asociación de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (Acruga).

Os produtores que asistiron á visita de onte son socios de Africor Coruña, a asociación de control leiteiro de dita provincia, que integra a arredor de mil explotacións. En toda Galicia, están en control leiteiro unhas 2.800 granxas, na súa maioría as máis modernas e mellor dimensionadas.