Deleite consolídase coa saída ó mercado do seu leite sen lactosa

A marca, propiedade dunha trintena de gandeiros galegos agrupados na sociedade Leite Noso, amplía a recollida no campo para cubrir o aumento da súa oferta

Deleite consolídase coa saída ó mercado do seu leite sen lactosa

Actuación do grupo De Vacas, hoxe na presentación do Deleite sen lactosa en Lugo.

Deleite, a marca impulsada por unha trintena de gandeiros galegos, agrupados na sociedade Leite Noso, presentou esta mañá en Lugo a súa gama de leite sen lactosa. A saída do Deleite sen lactosa, nas variedades semidesnatado e desnatado, constitúe un paso maís na consolidación do proxecto, que xa cumpre sete meses no mercado.

A sociedade Leite Noso anunciou na presentación de hoxe a ampliación da recollida de leite no campo para cubrir o aumento da súa oferta. Na actualidade, Deleite traballa con 41 granxas proveedoras de Lugo e da Coruña e chegou tamén a un acordo nos últimos días cunha cooperativa de Lugo para recoller parte da súa produción.

O coordinador de Leite Noso, Pedro González, incidiu en que a marca mantiña a súa vocación de pagar prezos xustos no campo (28,5 céntimos litro máis primas de calidade e cantidade), con contratos estables a 12 meses. Deleite tamén trata, na medida das súas posibilidades, de apoiar a produtores e cooperativas que estiveron a pasalo mal durante o último ano e medio de crise. De feito, o acordo que se anunciou cunha cooperativa da provincia veu motivado polas dificultades financieiras que está a pasar esta cooperativa.

Características do sen lactosa
En canto á nova gama sen lactosa, que xa comezou a súa distribución nos supermercados, Leite Noso sinala que mantén o sabor e a calidade do leite orixinal, á vez que garante un dos menores contidos de lactosa do mercado. “Deleite sen lactosa pode presumir de ser un auténtico sen lactosa 0,0”, describen desde a marca.

Para a saída do Deleite sen lactosa, a planta de Tegestación en Outeiro de Rei, encargada do envasado da marca, actualizou os seus equipos para facerse coa tecnolóxia máis idónea en sen lactosa.A nova gama de Deleite presentouse esta mañá en Lugo, no centro comercial As Termas, nun acto que contou cun mini-concerto do grupo galego De Vacas e no que participaron gandeiros proveedores de Deleite.

Deleite está na actualidade á venda nos supermercados do grupo Vegalsa-Eroski, en Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, en Le Clerc e nos supermercados do grupo Cuevas, así como en tendas tradicionais e hostelería. A marca conta de seguir ampliando a súa distribución nos próximos meses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información