Curso para aprender a producir leite en ecolóxico e en pastoreo

Curso para aprender a producir leite en ecolóxico e en pastoreo

O Campus de Verán da Universidade de Santiago de Compostela organiza par este mes de xuño un curso sobre “Cómo producir leite a pasto e leite ecolóxico”.

O curso, que se celebrará do 25 ao 28 de xuño, será impartido na Escola Politécnica de Lugo. Está dirixido a gandeiros, profesionais e persoas que no futuro poidan desenvolver o seu traballo no ámbito da produción láctea.
Pretende darlles ferramentas que permitan mellorar a xestión técnico-económica nas explotacións de produción ecolóxica ou que basean a alimentación no pasto; elementos de grande relevancia no actual contexto de incerteza e volatilidade que caracteriza o sector lácteo.

O curso está dirixido Xan Pouliquen Kerlau, un referente en España na produción de leite en base a pastoreo, e por Bernardo Valdês Paços.

Información para matricularse. 

Programa do curso:

Día 25:

9:00 a 9:30 Inauguración do curso: Bernardo Valdês Paços. Yann Pouliquen Kerlau. Directores do curso

9:30 “Retos do futuro: a xestión das granxas nun contexto de volatilidade”. Francisco Sineiro García. Doutor enxeñeiro agrónomo. Profesor ad honorem da área de Economía Agraria da USC

10:30 “Leite de calidade diferenciada e sistemas de alimentación”. Gonzalo Flores Calvete. Doutor enxeñeiro agrónomo. Xefe de departamento de Pastos e Cultivos no CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo). Roberto Lorenzana. Doutor enxeñeiro agrónomo. Director-Xerente do LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite)

11:30 descanso

12:00 “Aplicacións prácticas do racionamento en pastoreo”. Miguel Garea García. Técnico-veterinario de NANTA,S.A.

13:00 “Razas para pastoreo”. Ruth Rodriguez Bermúdez. Veterinaria. Investigadora USC

16:00 “Protección contra o lobo”. Joan Alibes Biosca. Enxeñeiro Agrónomo. Gandeiro. Técnico asesor

17:00 “Parasitoloxía”. Mª Sol Arias Vázquez. Doutora veterinaria. Investigadora Ramón y Cajal do Grupo de Investigación COPAR (Control Parasitario) da USC.

18:00 Descanso
18:30 “Unha terapia controvertida: a homeopatía veterinaria”. Coral Mateo Sánchez. Doutora veterinaria. Presidenta da Asociación Española de Homeopatía Veterinaria

Día 26

9:30 “Alimentación complementaria do pasto”. Cesar Resch Zafra. Doutor enxeñeiro agrónomo. Investigador do CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo)

10:30 “Transición a pastoreo: deseño”. Eloi Villada Legaspi. Enxeñeiro técnico agrícola. Presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

11:30 descanso

12:00 “Principios teóricos básicos do pastoreo”. José Luis Saénz. Técnico do INTIA (Instituto Navarro de Tecnologías e Infraestructuras Agroalimentarias)

13:00 “Terapias alternativas: que ferramentas temos á nosa disposición?”. María Fernández Portales. Veterinaria clínica. Homeópata. Especialista en manexo integral de explotación.

16:00 “O cambio climático está aquí”. Pablo Carracedo García. Licenciado en física. Centro Meteorolóxico de Galicia

17:00 “Pastoreo: como asegurar unha transición exitosa”. Xan Pouliquen Kerlau. Enxeñeiro agrónomo. Asesor independente pastoreo e produción ecolóxica

18:00 Descanso

18:30 “Pastos e forraxes biodiversos ricos en leguminosas: unha ferramenta fundamental para a produción ecolóxica de ruminantes”. David Gomes Crespo. Enxeñeiro agrónomo. Director do programa de I+D de Fertiprado, Sementes e Nutrientes

Día 27

9:30 “A produción gandeira no agroecosistema orgánico no século XX: intensificación e ciencia”. Lourenzo Fernández Prieto. Doutor en historia. Catedrático de historia contemporánea da USC

10:30 “Comparando resultados económicos”. Xan Pouliquen Kerlau. Enxeñeiro Agrónomo. Asesor independente pastoreo e produción ecolóxica

11:30 descanso

12:00 “Terapias alternativas: a práctica”. Sara Lorda Aguarón. Veterinaria especialista en homeopatía. Especialista en produción ecolóxica.

13:00 Aromaterapia e fitoterapia: técnicas alternativas na práctica”. Raquel Servitja Dalmau. Veterinaria especialista en fitoterapia e aceites esenciais para a gandaría. Profesora da Escola Agraria de Manresa.

16:00 “Debate sobre experiencias: producir menos e ganar máis? Funciona!” Mesa de debate coa presenza de ganderías galegas

19:00 Conclusións e clausura. Bernardo Valdês Paços. Yann Pouliquen Kerlau. Directores do curso

Día 28

9:00 Visita a unha granxa que realizou o paso dun sistema confinado a un sistema en pastoreo

13:00 Fin do curso

 

Xornada de iniciación ás técnicas de pastoreo máis produtivas

Xestión Agrogandeira e Natureza (XAN) organiza este mércores, 6 de xuño, unha xornada “Día Herba: Xornada de formación en campo”. Terá lugar na Granxa Roidiz, en As Pontes e nela farase unha iniciación ás técnicas de pastoreo máis produtivas, analizaranse os erros de pastoreo máis frecuentes a evitar e tamén se falará sobre rexeneración de pradeiras sen labrar.

Programa:

11:45 Inicio da xornada
12:00 Formación en campo
14:00 Xantar
15:30 Formación en aula
17:30 Fin da xornada

Inscrición: 40€

Información: 620.806.414

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información