Curso gratuito sobre “Elaboración de derivados lácteos ecolóxicos”

Curso gratuito sobre “Elaboración de derivados lácteos ecolóxicos”

A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) abre o prazo de inscrición para un curso, en liña e gratuíto, dirixido exclusivamente a traballadores/as en activo de Galicia (sexan ou non do sector rural ou agroalimentario). Este curso é sobre “Elaboración de derivados lácteos ecolóxicos de vaca, ovella e cabra” e desenvolverase entre o 26 de abril e o 28 de maio.

O obxectivo do curso é formar a pequenos e medianos gandeiros, empresarios, traballadores do sector agroecolóxico e estimular a elaboración ecolóxica de diferentes produtos lácteos mediante boas prácticas ambientais.

Contido do curso:

-Tema 1. Introdución. Aspectos xerais da industria de elaboración de lácteos.

-Tema 2. Gandaría ecolóxica e produción ecolóxica de leite

-Tema 3. Fundamentos dos procesos industriais de elaboración de queixos
e outros derivados lácteos de vaca, cabra e ovella

-Tema 4. Elaboración ecolóxica de queixos: frescos e de untar, de pasta branca,
curados e semicurados

-Tema 5. Elaboración ecolóxica doutros derivados lácteos (leite de consumo,
nata, manteiga, iogurt e xeados)

-Tema 6. Aproveitamento de subprodutos

-Tema 7. Datos para o deseño ou reconversión da empresa ecolóxica. Boas
prácticas

Este curso é gratuíto e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

-Realiza nesta ligazón a inscrición

-Descarga aquí o folleto informativo.

Máis información:
Sociedad Española de Agricultura Ecológica/Agroecología
Camí do Port, km1, s/n. Apdo. 397
E-46470, Catarroja, Valencia
Tel: +34 96 126 71 22
E-mail: leo.almenar@agroecologia.net

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información