O presidente da Cooperativa del Valle de los Pedroches (Covap), Ricardo Delgado, acudiu esta mañá a Santiago para manter unha reunión de toma de contacto coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. Na reunión participou tamén a nova directiva da planta de Covap en Meira, que a cooperativa andaluza lle mercou recentemente a Leche Celta, así coma representantes de Mercadona, a cadea para a que a planta de Meira traballa como proveedora.
Covap, que opera en Galicia por medio da súa filial Naturleite, presentoulle á conselleira os seus plans para a industria, que pasan por poñela ó 100% do seu rendemento, coa idea de continuar suministrando a Mercadona.
No intre da compra da planta, a cooperativa xa anunciara a súa vontade de envasar só leite 100% galego e de manter as relacións contractuais coas arredor de 250 ganderías que lle viñan suministrando leite a Leche Celta para o seu procesamento en Meira. A compra da planta por parte de Covap faise efectiva o 1 de xaneiro do 2019.
Desde Medio Rural amosouselle a Covap a plena disposición para colaborar con esta iniciativa, segundo informa a Consellería en nota de prensa.