A Cooperativa Grille, un referente en Galicia en vacún de leite, celebra os seus 50 anos

A Cooperativa Grille, un referente en Galicia en vacún de leite, celebra os seus 50 anos

Xan Ramos, actual presidente da cooperativa Grille, entregando un agasallo a un dos socios fundadores.

Un 26 de febreiro de 1968 o Goberno Civil aprobaba os estatutos da Cooperativa de Explotación Comunitaria do Campo San Cosme de Antes, hoxe en día, Grille Sociedade Cooperativa Galega. Na actualidade esta granxa de Mazaricos está na listas das principais explotacións lácteas galegas.

Os seus fundadores foron José García Vilas, Olimpio Álvarez Casanova, Juan Rial Rial, José Ponte Martínez, Manuel Ramos Silva, Manuel Suárez Ramos, José Currais Rodríguez, José Turnes Noya, Eliseo Ramos Silva e José Maneiro Mouzo. En palabras do actual presidente, Xan Ramos, “ao principio todo o mundo desconfiaba do proxecto pero grazas a que os seus fundadores creron sempre nel, na parroquia non houbo que emigrar”.

“O concepto de xuntar terras hai 50 anos era totalmente innovador”

“O concepto de xuntar terras hai 50 anos era totalmente innovador e non tiña moito que ver coa mentalidade daquela época”, explicou o presidente “pero a fórmula deu froitos e foi exitosa ata hoxe en día, medio século despois”.

Para celebrar este 50 aniversario, as persoas socias e vinculadas á cooperativa déronse cita este luns nun restaurante no que houbo un acto previo e logo degustaron un cocido. Agasallouse aos presentes cunha cunca de cerámica de Buño xunto coa acta fundacional da cooperativa e cunhas figuras, tamén de Buño ás persoas fundadoras.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro aproveitou a oportunidade para darlle os parabéns aos socios fundadores por “ser pioneiros e ter a valentía de botar a andar un modelo produtivo e cooperativo que, naquela altura era case impensable”. Do mesmo xeito salientou a “traxectoria meteórica” da cooperativa pois “segue cos mesmos valores pero ten vacas de alta xenética e produce máis de 10.000 litros de leite ao día”.

grille2

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información