A cooperativa AgroCantabria lanza unha liña de queixos, apostando polo leite de pastoreo

Presentación Lakta agrocantabria 1A cooperativa AGC AgroCantabria, socia de DELAGRO e con sede en Torrelavega, inicia un proxecto de transformación do leite das súas gandarías socias para darlle maior valor engadido. Faino a través dunha nova gama de queixos, Lakta, elaborados a partir de leite de pastoreo.

A nova liña de queixos, que se presentou esta tarde en Santander nun acto presidido polo conselleiro de Desenvolvemento Rural e Gandaría de Cantabria, Guillermo Blanco, comercializarase inicialmente na distribución en tres formatos: redondo de tres quilos, baby de medio quilo e de barra de dous quilos.

O obxectivo de AgroCantabria é finalizar 2020 cunha produción de 1.500 toneladas de queixo e superar as 3.000 toneladas en 2021. Os queixos Lakta están elaborados por Lácteas IberCantabria, unha empresa do Grupo AGC Agrocantabria.

Consolidación e desenvolvemento de proxecto lácteo

Durante a presentación, o presidente de AGC AgroCantabria, José Ángel Pereda, destacou que “faise realidade un vello propósito da nosa cooperativa, cumprindo o obxectivo de avanzar na consolidación e desenvolvemento do noso proxecto lácteo, unha iniciativa fundamental para o futuro da nosa entidade”.

“Con esta gama de queixos evidenciamos a nosa aposta por promover novas liñas de negocio relacionadas coa elaboración de derivados lácteos. E facémolo baixo unha serie de premisas fundamentais nos tempos que corren: sustentabilidade, procura do benestar animal, seguridade alimentaria e procura da rendibilidade económica das explotacións dos nosos socios”, engadiu Pereda.

Primeiro fito do novo Plan Estratéxico

Finalmente, o director director xeneral da cooperativa, Francisco Nomdedéu Rodal, destacou que a gama de queixos Lakta “é o primeiro fito xurdido ao abeiro do novo Plan Estratéxico da nosa cooperativa, que se sustenta no desexo de dotar de valor engadido á produción agrogandeira dos nosos socios, explorando liñas de negocio baseadas en novos produtos derivados do leite”.

Neste sentido, asegurou que os queixos Lakta, elaborados con leite de pastoreo, “son só o inicio desta aventura, que se consolidará nos próximos anos co desenvolvemento doutros produtos como iogures, sobremesas e outros derivados lácteos”.

lakta queixo agrocantabria

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información