A contención das entregas de leite mantén a recuperación de prezos

A cotización media en Galicia sitúase en 30,3 céntimos, a mesma de marzo do 2015, o último mes con cotas lácteas. A produción reduciuse un 1,3 por cento en relación ó mesmo mes do pasado ano

A contención das entregas de leite mantén a recuperación de prezos

Os prezos dos produtos lácteos industriais mantéñense altos.

Os prezos do leite no campo manteñen a senda de recuperación iniciada a partir de agosto do 2016. Desde aquela, en Galicia a cotización media do leite subiu en 3,7 céntimos, ata situarse no mes de xaneiro en 30,3 céntimos, segundo os últimos datos publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (Fega). A contención das entregas de leite nos últimos meses, unida a un bo escenario de prezos de productos lácteos industriais, son algúns dos factores que explican a mellora.

En xaneiro do 2017, a produción foi un 1,3% menor á de xaneiro do pasado ano no conxunto de España, rexistrándose baixadas de entregas na maioría das comunidades produtoras. En total, este mes de xaneiro producíronse 580.000 toneladas, 8.000 menos que en xaneiro do pasado ano.

En canto ós prezos, a mellora en relación a decembro foi de 0,3 céntimos no conxunto de España, chegando ós 31,6 de media, en tanto en Galicia pasouse de 29,8 a 30,3 céntimos de media. É o maior prezo na comunidade desde marzo do 2015, o último mes sen cotas, que tamén rexistrara 30,3 céntimos por litro.

Galicia, sen embargo, segue á cola de España no prezo do leite. Se se compara o caso galego coas comunidades veciñas, Castilla y León está en 31,8 céntimos e Asturias en 33,4 céntimos.

Calidades
O informe do Fega dá conta tamén das calidades. Galicia continúa encabezando os valores de graxa, cun 3,91, fronte á media do conxunto de España do 3,78. En proteína, a comunidade sitúase, con 3,30, próxima á media española de 3,31.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información