Consellos para o ensilado do millo (III): como reducir o deterioro da forraxe

Artigo dos investigadores do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e do LIGAL, Sonia Pereira Crespo, Bruno Fernández Lorenzo, Roberto Lorenzana, Marisa Barreal e Gonzalo Flores

Consellos para o ensilado do millo (III): como reducir o deterioro da forraxe

Avance diario recomendado na fronte do silo.

A entrada de aire no silo é o factor de risco que favorece o crecemento dos microorganismos aerobios. Polo que ao respecto, recoméndase:

Os silos débense deseñar e dimensionar tendo en conta a demanda diaria de ensilado. O avance da fronte debe ser rápido, recoméndase percorrer a fronte en menos de 3 días no inverno e menos de 2 días no verán. A velocidade de avance debe ser superior a 15 cm/día e a superficie da fronte debe ser o máis regular e compacta posible para reducir a penetración do aire. Isto só será posible se as dimensións dos silos están adaptadas ao tamaño do rabaño. En todo caso, son preferibles varios silos estreitos e altos ca un único silo moi ancho.

– O picado de millo débese axustar para picar a unha lonxitude teórica de corte de 9- 12 mm. Se o millo está demasiado seco (MS>40%), é recomendable unha lonxitude menor (6-9 mm), para facilitar a compactación da masa da forraxe.

– Asegurar unha compactación suficiente, a mellor compactación no silo obtense espallando o millo picado en capas de 30 cm, utilizando o tractor máis pesado do que dispoñamos e aumentar o tempo de pisado. O obxectivo debe ser acadar polo menos unha densidade de 200 a 300 kg MS/m3, dependendo do contido en materia seca da forraxe.

– A superficie da fronte do silo debe ser o máis regular posible e o ensilado caído do carro non debe ficar no chan dun día para outro.

– Débense realizar un selado correcto, coa carga do plástico en toda a superficie superior do silo, e protexido cunha lona ou malla antipáxaros.

– Realizar unha revisión periódica da cuberta do silo e reparar as roturas que puideran aparecer no plástico. Nos silos trincheira, antes de comezar o enchido, recoméndase colocar as láminas de plástico de xeito que queden situadas entre a parede do silo e a forraxe, deste xeito reduciranse as perdas nos bordes da codia do silo.

image_print

Investigadores do CIAM e do LIGAL

Artigo dos investigadores do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e do LIGAL, Sonia Pereira Crespo, Bruno Fernández Lorenzo, Roberto Lorenzana, Marisa Barreal e Gonzalo Flores

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información