Complet G-P, un penso complementario que mellora a graxa e proteína do leite

Ensaios co produto realizados en máis de 40 granxas galegas lograron aumentos medios de 2,5 décimas de proteína e de 4 décimas de graxa

Envase da liña de Especialidades, na que figura o Complet G-P.

Envase da liña de Especialidades, na que figura o Complet G-P.

A mellora das calidades do leite é un factor clave de rendibilidade para as granxas. Para axudar ás ganderías a acadar os niveis de graxa e proteína requeridos polas industrias, nace Complet G-P, un penso complementario que se testou con éxito no último ano en 46 explotacións lácteas galegas, tanto intensivas como en pastoreo.

O Complet G-P é un penso elaborado con materias primas naturais de primeira calidade que destacan tanto polo tipo como polo índice de dixestibilidade de fibra. O produto está deseñado como un complemento da ración diaria en aplicación continuada, ó longo de todo o ciclo de lactación. Recoméndase una dosificación de 0,5 Kg. de Complet G-P por vaca e día, engadíndollo a maiores á ración habitual. A tal fin, o Complet G-P presentase nun formato especialmente manexable, granulado e ensacado, o cal facilita a súa correcta dosificación.

Os ensaios realizados en diversas granxas de Galicia durante o segundo semestre do 2017 confirman os bos resultados do complemento. O Complet G-P evitou as tradicionais baixadas de calidade en situacións de estrés por calor e, no caso das ganderías en pastoreo, contribuíu a un maior equilibrio estacional da graxa, das calidades do leite e do estado xeral da cabaña.

Explotación estabulada con carro
Ración con Piensos del Sil,
sen Complet G-P

34 litros / vaca / día

Mes Graxa Proteína Extracto
seco
Xaneiro
2017
4,22 3,47 9,01
Febreiro
2017
4,17 3,46 9,00
Marzo
2017
4,03 3,38 8,93
Abril
2017
4,06 3,35 8,85
Maio
2017
4,08 3,39 8,86
Xuño
2017
4,05 3,39 8,85
Ración con Piensos del Sil
+ Complet G-P

34,5 litros / vaca / día

Xullo
2017
4,08 3,44 8,87
Agosto
2017
4,14 3,49 8,93
Setembro
2017
4,32 3,56 8,96
Outubro
2017
4,36 3,55 9,02
Novembro
2017
4,51 3,63 9,08
Decembro
2017
4,52 3,68 9,13
MEDIAS ANUAIS 4,21 3,48 8,96

De media, este produto especializado, elaborado por Piensos del Sil, logrou melloras de 2,5 décimas en proteína e de 4 décimas en graxa, comparando o periodo de uso do complemento (xullo-decembro do 2017) cos seis meses anteriores (xaneiro-xuño), nos que non se utilizou o Complet G-P.

Os aumentos de calidade demostráronse ademais rendibles economicamente para as ganderías, pois por cada euro investido no Complet G-P, ingresáronse entre 2,5 e 4,5 euros a maiores, dependendo do prezo por calidades abonado pola correspondente industria e da produción de cada gandería.

Estabilidade das calidades

Complet G-P deseñouse co obxectivo de manter a estabilidade das calidades do leite no medio-longo prazo e tamén procurou outros efectos positivos no rendemento do animal, na súa fertilidade, estado sanitario e, posiblemente, de lonxevidade produtiva.

O Complet G-P é o primeiro lanzamento dunha serie de propostas nutricionais que, baixo o epígrafe Especialidades, esta empresa galega lanzará ó longo dos próximos meses.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información