Visitamos 5 ganderías galegas que cambiaron de sala a robot de muxido Lely. Contan como foi o cambio para eles e para as vacas e que aspectos cómpre ter en conta na transición.
As ganderías son:
1) Gandería Ramos, de Vimianzo. 165 vacas en muxido con 3 robots A3 e un arrimador JUNO
2) Gandería Pose, de Coristanco. 130 vacas en muxido con 2 robots A5 e unha amamantadora para as becerras.
3) Gandería Ares Gil, de Santa Comba. 60 vacas en muxido cun robot A4.
4) Gandería Agoriño, de Mazaricos. 65 vacas en muxido cun robot A3
5) Gandería Agriña, tamén de Mazaricos. 65 vacas en muxido cun robot A3.