¿Como recoñecer as carencias nutricionais do millo?

O millo, tanto para forraxe como para gran, é un dos principais cultivos para alimentación animal e humana. Albert Porte-Laborde, experto internacional neste cultivo, abordou nas III Xornadas do Rural Galego desde Curtis como identificar visualmente as súas carencias nutricionais

O millo, tanto para forraxe como para gran, é un os principais cultivos para alimentación animal e humana. Albert Porte-Laborde, experto internacional neste cultivo, abordou nas III Xornadas do Rural Galego desde Curtis como identificar visualmente as súas carencias nutricionais.

Como punto de partida, Albert Porte destacou que é necesario mediante o abonado reestablecer os nutrientes dos solos, calculando os que vai extraer o cultivo segundo os obxectivos de rendemento e os nutrientes que se van perder por diversas vías.

millo absorcion nutrientes

No caso concreto do millo lembrou que os seus principais requirimentos son:

-O PH do chan pode ser flexible, de 4.5 a 8, aínda que o ideal é que o PH da parcela sitúese entre o 5.5 a 6.5.

-O nitróxeno o millo utilízao tarde, polo que se debe asegurar que estea dispoñible para a planta na súa fase de maior desenvolvemento. De feito, o 85% do Nitróxeno o millo utilízao entre o estado de 10 follas emerxidas e o de espiga con gran leitoso. Soamente un 2% utilízao nas súas primeiras fases de desenvolvemento e o 13% restante extráeo na fase final, desde o gran leitoso até gran pastoso.

-O fósforo (P): Raramente resulta problemático. A forma soluble en auga é desexable en sementeira.

-O potasio (K): está presente no aparello vexetativo. Debe de estar dispoñible desde o estado de 10 follas á floración

-Oligoelementos: Débese evitar as carencias. Os máis simples e os máis baratos son os máis eficientes. Débese reaccionar cedo, antes das carencias de zinc ou magnesio. Achegar en pulverización só os produtos simples, non oligo-elementos en mestura.

-En canto aos activadores de crecemento, acidos húmicos, complexos nutritivos foliares, Albert Porte Laborde móstrase escéptico sobre a súa eficacia.

Síntomas visuais das principais carencias nutricionais en millo: 

Nitróxeno: 

millo carencia N

Fósforo: 

millo carencia P

Potasio: 

millo carencia K

Zinc: 

millo carencia zinc

Magnesio: 

millo carencia magnesio

Manganeso

millo carencia manganeso

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información