¿Como inflúe como se procesa o gran do millo na dixestibilidade do silo?

Resumo do relatorio de Javier López Álvarez, responsable de ruminantes para España e Portugal de KEMIN na Xornada Fedna-ANEMBE de nutrición de gando vacún

¿Como inflúe como se procesa o gran do millo na dixestibilidade do silo?

O momento do ensilado é clave para a dixestibilidade do amidón

A calidade do proceso do gran de millo ensilado inflúe directamente na súa dixestibilidade por parte da vaca e, por tanto no seu aproveitamento para a produción de leite. O obxectivo é lograr a rotura de todos os grans da mazaroca en polo menos 4 anacos.

Neste sentido, Javier López Álvarez, responsable de ruminantes para España e Portugal de KEMIN, expuxo na última xornada Fedna-ANEMBE de nutrición de gando vacún, a importancia da calidade de procesado no millo para silo para o desempeño produtivo dos animais.

Como punto de partida para realizar unha avaliación da calidade de procesado do gran tómase como referencia o amidón do silo de millo que pasa a través dun tamiz de 4,75 milímetros, tal e como se mostra nesta táboa:

MILLO_GRAO_KEMIN_1

En Estados Unidos o 42% do gran de millo para ensilado é procesado de forma deficiente

Neste sentido, o responsable de Kemin asegurou que a marxe de mellora é importante. Así, nun estudo sobre o procesado de gran en Estados Unidos concluíuse que o 42% do gran de millo é procesado de forma deficiente durante o ensilado:

MILLO_GRAO_KEMIN_2

¿Como inflúe a dixestibilidade do amidón na produción de leite?

A dixestibilidade do amidón dunha forraxe está directamente relacionada coa produción do gando. Así, Javier López citou o estudo realizado por Firkins en 2001 no que se mostra como a produción diaria de leite pode variar de 31 a 33 quilos, segundo a dixestibilidade do amidón contido na dieta sexa do 80 ou do 95%.

MILLO_GRAO_KEMIN_3

Factores que determinan a dixestibilidade do amidón:

Neste sentido, os factores (Hoffman, 2008) que máis inflúen na dixestibilidade do amidón son, por esta orde:

-Tamaño de partícula: correlación de 0,70
-Humidade: 0,53
-Tipo de endosperma: 0,46

-Tempo de ensilado, alcanzando o seu punto óptimo a partir dos 7 meses de realizar o silo.

MILLO_GRAO_KEMIN_4

-Vitrosidade do gran. Outro parámetro que inflúe na dixestibilidade do amidón é a vitrosidade do gran. O momento adecuado de colleita de millo para ensilado considérase cando a planta enteira ten entre o 28 e o 35% de materia seca. O indicador usado para conseguilo é o da liña de leite, debendo estar entre 1/2 e 3/4 do ápice do gran (estado pastoso-vítreo).

¿Como dixire unha vaca o amidón?

MILLO_GRAO_KEMIN_6

Ademais da dixestibilidade total do amidón, no tracto dixestivo é moi importante canta cantidade é dixerida en cada tramo do mesmo. Existe unha relación directa entre o amidón total dixestible e o amidón degradado no rume.

Debemos procurar que unha elevada cantidade deste sexa degradado no rume antes das 7 horas, xa que así conseguiremos unha maior produción de proteína microbiana. Con respecto á enerxía, aínda que a eficiencia de transformación do amidón en enerxía é maior no intestino, canto máis se dixira no rume teremos unha maior cantidade de enerxía total, xa que a dixestión do amidón no intestino é limitada e se unha gran cantidade de amidón atravesa o rume sen ser degradado o intestino non logra compensar isto saíndo excretado en feces unha gran cantidade de amidón sen ser dixerido.

MILLO_GRAO_KEMIN_7

Influencia da dixestibilidade na produción: 

MILLO_GRAO_KEMIN_8  (CNCPS 6.55)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información