Como conseguir unha boa conservación dos silos de herba 

Resumo do relatorio de Mario García, enxeñeiro agrónomo de 3F Tecnology , na xornada organizada por Delagro sobre “Mellora do Manexo no ensilado de Forraxes”. Recomenda unha porcentaxe do 24% de materia seca e utilizar conservantes químicos.

Como conseguir unha boa conservación dos silos de herba 

Labores de ensilado da herba no CIAM.

Mario García, enxeñeiro agrónomo de 3F Tecnology, participou o pasado mes de febreiro na xornada organizada por Delagro sobre “Mellora do Manexo no ensilado de Forraxes” cun relatorio sobre “Aplicación de conservantes e inoculantes no ensilado”.

Como punto de partida, recordou que para lograr unha boa de herba é necesaria a ausencia de osíxeno no silo, e baixar o PH a 4 canto antes (non debe tardar máis de 2 días), o maior tempo posible e sobre o maior volume de masa forraxeira do silo.

Neste sentido, Mario García subliñou que a calidade do silo de herba depende dos seguintes factores:

Materia seca: canto máis tempo se deixe pasar a herba do punto óptimo de corte peores son as súas calidades nutritivas. Como exemplo, a diferenza de cortar a mesma pradeira cunha diferenza de dúas semanas significa pasar dunha dixestibilidade do 74 ao 64%; dunha proteína bruta do 17 ao 11% e dunha FND (fibra) do 49 ao 65%.

“O punto óptimo de corte é cando a herba comeza a espigar, pero ás veces os gandeiros deixan pasala para facer todo o traballo xunto, esperando a que haxa unha semana de bo tempo, e iso é un erro”, advertiu.

Altura de corte: a un mínimo de 7 centímetros para evitar a presenza de butíricos. Ademais, se elevamos a altura de corte desbotamos a parte do tallo máis leñosa, menos nutritiva, e que presenta maiores problemas para a compactación do silo.

Tamaño de picado: entre 1,5 centímetros de máximo e 0,5 cm de mínimo.

Pisado: Serve para reducir ao mínimo o aire no silo. Para facernos unha idea,  unha masa forraxeira 30 % MS encerra 1 l de aire/ kg de MS, pero se ten 35 % MS encerra de 3 a 5 l aire/kg MS. Xa que logo, canta maior materia seca teña o ensilado máis importante e máis difícil é o pisado.

Presecado da herba: Mario García recordou que é moi importante o presecado para quitar humidade á forraxe e e evitar corrementos no silo. “Con todo, se nos pasamos de presecado estamos metendo aire no silo e perdendo nutrientes, e aumentando os posibles problemas de fungos e de micotoxinas”, advertiu.

Neste sentido, recordou que nun ensaio con alfalfa a diferenza entre un secado de 1 día e outro de dous días supuxo pasar do 19 ao 11% de proteína, subir a materia seca do 42 ao 48% e baixar os azucres do 3,9 ao 2,8%.

O seu recomendación é aplicar un presecado mínimo de 12 horas e lograr forraxes cun 24% de materia seca, aplicando conservantes químicos para a súa conservación.

Controladores de fermentación en silos de herba

Por outra banda, o técnico de 3F Tecnology analizou os distintos conservantes para os silos de herba.

Químicos: baseados en ácido fórmico e indicados para circunstancias desfavorables, como forraxes de herba con bastante humidade e proteína e poucos azucres. “O conservante químico vainos a dar a baixada de PH inical que é difícil conseguir coas bacterias”, explicou. “Se buscamos un silo de herba de calidade e con pouco presecado mellor é utilizar un conservantes químico”, destacou Mario García.

Ademais, recomendou utilizar este tipo de controladores en estado líquido, ou na súa falta como microganulado, á máxima concentración declarada na etiqueta. Destacou que as formulacións actuais destes conservantes químicos garanten unha baixa volatilidade, un fácil manexo e unha alta penetración.

Tamén defendeu utilizar este tipo de conservantes químicos para zonas complicadas dos silos como frontes, zonas superiores. As formulacións están baseadas en Propiónico, Propionato ou Benzoato e son un antifúnxico e antilevaduras para esas zonas máis complicadas.

Inoculantes: son bacterias que axudan á conservación dos silos en condicións máis favorables. Indícanse para silos con algo máis de porcentaxe de azucres e de materia , como os de millo.

“A recomendación sería utilizar un conservante químico para unha forraxe con menos do 28% de materia seca e un inoculante si ten máis do 28% de MS”, concluíu.

Doses recomendadas de conservantes químicos para silos de herba: 

DOSES_CONSERVANTES_FORRAXES_HERBA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información