A Comisión Europea prevé un incremento do prezo do leite de aquí ao 2030

As previsións de Bruxelas son que haberá unha maior demanda de exportación de produtos lácteos europeos tradicionais, como o queixo, xa que a poboación mundial e os ingresos aumentarán. Consulta aquí as previsións do informe

A Comisión Europea prevé un incremento do prezo do leite de aquí ao 2030

O sector lácteo da Unión Europea ten boas previsións de futuro de aquí ao ano 2030. Esta é a principal conclusión do informe publicado este venres pola Comisión de Agricultura da UE no que analiza a situación actual e as perspectivas para os próximos anos.

O incremento da poboación mundial e dos ingresos medios tirarán da demanda de produtos lácteos europeos, especialmente do queixo e da manteiga. Desta forma, e a pesar de que o comercio internacional de produtos lácteos medrará a un ritmo menor que nesta década, as previsións de Bruxelas para o período 2020-2030 son que a “a Unión Europea seguirá dominando o mercado, de forma que para 2030 podería abastecer preto do 35% da demanda mundial”.

O prezo do leite para o gandeiro aumentará a medio prazo

Esta maior demanda mundial de produtos lácteos, especialmente de graxa láctea, xunto á previsión de que a industria europea se centre en produtos con máis valor engadido, fan prever á Comisión de Agricultura que “o prezo do leite en orixe aumentará de forma sostida a medio prazo, mentres que os prezos dos pensos deberían permanecer relativamente estables en termos nominais”.

Porén, a tendencia pode verse afectada por desaxustes entre a oferta e a demanda, rendementos dos cultivos ou a incerteza das condicións macroeconómicas. “De todos os xeitos, o máis probable é que os prezos do leite sigan unha tendencia crecente”, conclúe o informe.

Desta forma, as previsións de prezos do leite na UE para o gandeiro para o ano 2030 varían entre os 0,36 e os 0,42 euros o litro de media, segundo os distintos escenarios de custos de materias primas e enerxía e de oferta e demanda. O prezo medio, segundo esta previsión, situaríase na UE no entorno dos 0,39 euros o litro en 2030.

UE_LACTEOS_2010_prezos

Por outra banda, en termos xerais os expertos da Comisión Europea prevén que as exportacións de queixo, manteiga, leite desnatado en po, leite enteiro en po e soro de leite da UE aumenten en media ao redor de 330.000 toneladas de leite equivalente ao ano. En canto ao mercado da UE, necesitaríanse preto de 900,000 ton de leite adicional por ano para satisfacer o crecemento dos produtos lácteos tradicionais, que son principalmente de queixo. Pola contra, espérase que o consumo europeo de leite líquido continúe diminuíndo na UE.

A produción de leite na UE debería experimentar un aumento moderado en comparación con 2018-2030, cunha media do 0,8% anual. A produción estímase en 167 millóns de toneladas en 2018, e debería chegar a 182 millóns de toneladas en 2030. Finalmente, o rendemento do leite tamén debería aumentar en 2030, un 17% máis que o nivel de 2017.

¿Onde se producirá máis leite no ano 2030?

Para 2030, o informe da Comisión de Agricultura da UE prognostica que a produción mundial de leite supere os 1.000 millóns de toneladas. Incrementando anualmente en máis de 15 millóns de toneladas, algo máis rápido que na última década.

Máis do 40% deste aumento debería ter lugar na India, que continuamente inviste en grandes granxas modernas e infraestruturas. Con todo, prevese que este incremento sexa absorbido pola demanda interna, e que só exporte en condicións de mercado excepcionais (por exemplo, subsidios para leite desnatada en po, debido ás altas existencias, como se observou en 2018).

En África, o aumento da produción de leite estímase que a produción de leite debería incrementarse notablemente, a un ritmo 5 veces maior que na última década. Este aumento de produción (+1.2 millóns de toneladas por ano) concentrarase principalmente no leste de África. Sen embargo, a demanda interna medrará máis rápido polo que se necesitará un importante aumento das importacións.

UE_LACTEOS_2010_importadores

En China, o crecemento esperado na produción de leite, aínda que maior que no pasado, é relativamente pequeno (+650 000 t por ano) debido a restricións ambientais que limitan a expansión da cabana gandeira e falta de competitividade dos produtores.

A UE manterase ben situada no mercado mundial de produtos lácteos, a pesar de que en media os custos de produción son máis altos que os seus principais competidores.

O modesto aumento da produción proxectado na UE (+1.3 millóns de t por ano en media) é maior que os incrementos anuais previstos en Nova Zelandia (+0,4 millóns de toneladas) e nos Estados Unidos (ao redor de 0,7 millóns de toneladas), os principais competidores da UE. O uso de fariña de améndoa de palma podería limitarse, debido ao seu impacto negativo na composición da graxa do leite.

África será o continente no que máis se incrementen as importacións de produtos lácteos na próxima década, tanto debido ao crecemento da poboación (+2.4% por ano), como da urbanización e dos ingresos da poboación. Espérase que para 2030 en África consúmanse 73 millóns de toneladas de leite equivalente, dos que polo menos 13 millóns deberán ser importadas.

China seguirá sendo o primeiro importador mundial de produtos lácteos. Con todo, a desaceleración do crecemento económico e o aumento dos prezos ao consumidor deberían retardar o crecemento das importacións.

Previsións de incremento da producción de leite nos próximos anos: 

UE_LACTEOS_2010_produores

Non obstante, a crecente demanda de produtos lácteos, en torno ao 1,5% máis por ano, debería levar a un aumento das importacións de preto do 2% anual. Desta forma, para o ano 2030, a dependencia das importacións espérase que permaneza relativamente estable e represente o 18% de consumo interno (tendo en conta as importacións de queixo, manteiga, WMP, SMP e soro en po).

Ademais destes e da fórmula de leite infantil, prevese que a carteira de produtos importados se diversifique a máis produtos con alto valor engadido, así como de queixos e graxas lácteas para panadaría e repostaría.

En resumo, o informe da Comisión de Agricultura prevé que as exportacións de queixo, leite desnatado en po e soro da UE, así como manteiga e leite enteiro en po medren ao redor de 330 000 t de leite equivalente por ano de aquí a 2030. É certo que é un crecemento máis lento que nos últimos 10 anos (+660 000 t por ano), pero máis rápido que o crecemento esperado das exportacións de Nova Zelandia (+250 000 t) e nos Estados Unidos (+270 000 t). En volume as exportacións europeas deberían aumentar un 2% anual pero un 4% en valor.

Os produtos ecolóxicos, especialmente o leite líquido, deberían aumentar a cota de mercado na UE do 3% da produción de leite en 2016 a un previsible 10% en 2030.

O número de vacas leiteiras debe permanecer bastante estable no EU-15, con 17,6 millóns de vacas leiteiras en 2030, polo que os incrementos de produción virán por unha maior intensificación e a mellora xenética do gando.

UE_LACTEOS_2010_vacasue

Que produtos lácteos serán máis demandados?

Queixo: Maior demanda de queixos duros, con IXP ou DO

O informe da Comisión prevé que o consumo de queixo na UE aumente 1,3 kg per cápita durante o período 2018-2030 até chegar a 20 kg por persoa e ano en 2030.

Nos mercados de exportación, espérase o volume de queixos exportados pola UE aumente en preto de 1,2 millóns de toneladas, de forma que a industria láctea europea cubra preto do 40% da demanda mundial de importacións de queixos en 2030, en comparación coa cota do 34% en 2018.

As exportacións da UE teñen un maior valor unitario que calquera dos seus principais competidores, debido a unha alta cota de queixos duros e de indicacións xeográfica, fronte aos queixos frescos máis baratos.

Aínda que o principal destino de exportación é Estados Unidos, Xapón cobra cada vez máis importancia para os queixos europeos e xa é o seu segundo maior mercado de exportación.

Por outra banda, a crecente demanda en China debería dar lugar a novos fluxos comerciais, especialmente para aperitivos de queixo e o uso crecente de manteiga e queixo crema para engadir ao té. Isto apoia aínda máis a previsión de que China debería tomar o relevo da EE.UU. como o primeiro importador de queixos do mundo.

Previsións de incremento do comercio mundial de produtos lácteos: 

UE_LACTEOS_2010_EXPORTACION_PRODUCTOS

Incremento do mercado de soro

A demanda de soro, un subproduto da fabricación de queixo. e a produción de caseína, ha ir en aumento ao longo dos anos, en particular a través da demanda de produtos nutricionais e doutros produtos de alto valor engadido como fórmulas infantís.

Desta forma, a Comisión prevé que a UE debería seguir sendo o principal provedor mundial en 2030 de soro estándar, cubrindo máis do 50% do mercado, concentrando ao redor do 45% do crecemento da produción global. No mercado interno europeo, a tendencia. é cara a un menor uso de soro estándar en po para alimentación (52%) en 2030, en comparación co 57% en 2018).

A cantidade total de soro producido debería seguir aumentando, aínda que só uns 2 millóns de t un ano; é dicir, a metade da taxa de incremento dos últimos 10 anos, que viron un incremento constante na recolección de soro de leite.

As exportacións espérase que continúen crecendo en preto dun 2% ao ano.

Consumo de leite líquido

O devalo no consumo de leite líquido da UE debería continuar durante a próxima década. Nos 10 anos até 2018, diminuíu en 6 kg até o 52 kg por persoa e ano. Para 2030 espérase que esta tendencia negativa se ralentice notablemente, o que levaría a un consumo de 49 kg per cápita en 2030.

En contraste co leite líquido, a produción de iogurt, manteiga e outros produtos lácteos frescos, incluídos as sobremesas lácteas, medrará impulsada pola demanda interna.

Por tanto, a pesar da diminución esperada no leite líquido, a inxesta total de produtos lácteos frescos na UE diminuiría só lixeiramente, a 74 kg per cápita en 2030, en comparación co 77 kg en 2018.

Aumento do consumo de manteiga

Nos últimos anos, o cambio cara produtos máis naturais conduciu a un gran aumento no uso de manteiga, particularmente en pastelaría, en Europa e en todo o mundo. Á súa vez, isto provocou un forte crecemento dos prezos das graxas lácteas.

Neste contexto, o informe da Comisión de Agricultura prevé que o consumo de manteiga na UE chegue a preto de 4,6 kg per cápita e ano en 2030, 0,3 kg por riba do de 2018.

A demanda mundial debería impulsar un novo aumento das exportacións de manteiga da UE até un volume absoluto de ao redor de 260 000 t. Nova Zelandia seguirá sendo o principal provedor do mundo, cun 50% das exportacións mundiais, e a UE debería estar en segundo lugar, co 23%.

UE_LACTEOS_2010_prezo_manteiga

En canto aos prezos da manteiga, despois de elevarse en 2017 alcanzando preto de 6 400 EUR / t, espérase que o prezo da manteiga da UE caerá a 4 500 EUR / t cara a finais de 2018. Porén, espérase que a fenda entre a manteiga e os prezos do leite desnatada en po se amplíe aínda máis, cun prezo de manteiga de ao redor de 4 000 EUR / t para 2030.

Leite en po

En 2017, a participación da UE na produción mundial de leite enteiro en po (WMP) foi só do 14% e espérase que isto diminúa aínda máis, até o 12% en 2030. Non obstante, as exportacións en 2030 deberían permanecer no nivel de 2018. Por tanto, espérase que a produción de WMP na UE aumente 4 millóns de toneladas anuais no período até 2030, impulsadas principalmente pola demanda interna (+4,2 millóns de t por ano), en particular para chocolate.

En canto ao leite desnatado en po (SMP), a crecente demanda mundial está impulsada pola súa variedade de usos. Por exemplo, pode ser procesado en produtos lácteos frescos, sobremesas, chocolate, panadaría, pratos preparados..etc.

En 2008-2018, a cantidade comercializada en todo o mundo case se duplicou (ao redor de 2,5 millóns de toneladas en 2018). A UE é moi competitiva neste mercado e foi responsable de ao redor 50% do incremento do comercio global. Para 2030, espérase que se consumirá un 15% máis de SMP en todo o mundo que en 2018, dando como resultado un aumento do 18% nos volumes importados. Na última década, as exportacións da UE medraron en media máis de 16% por ano, o que leva a un nivel récord de 780 000 t en 2017. Durante o período das perspectivas, a UE debería seguir sendo un dos exportadores máis grandes do mundo (xunto cos Estados Unidos), cunha cota do 30% do mercado.

Debido á expansión da demanda, espérase que a produción total de SMP acade as 1.820000 t na UE para 2030, un 18% máis que en 2018 nivel, o que leva a un adicional de 2,2 millóns de t de leite equivalente sendo canalizado en procesamento SMP.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información