Cobideza e Reny Picot inauguran un megatransporte diario de leite

Cobideza e Reny Picot inauguran un megatransporte diario de leite

Transporte de Cantalete con capacidade para 40.000 kilos de leite e que levará o produto de Cobideza a Reny Picot

A sociedade cooperativa Cobideza e a multinacional leiteira Reny Picot, preparan de forma inmediata un megatransporte para o leite da cooperativa, un servizo que funcionará a diario desde o polígono industrial de Lalín.

Trátase dun mega camión, da empresa Cantalete, que mide uns 23 metros de lonxitude e que transporta ata 40.000 kilos de leite, sendo o primeiro transporte deste tipo en España no sector lácteo.

Deste xeito, cada día un tráiler con dúas grandes cisternas recargará o leite das ganderías de Cobideza e na maioría dos casos viaxará a Anleo (Asturias) á planta de Reny Picot e a outras fábricas da empresa.

Cobideza e Reny Picot teñen un contrato de aprovisionamento dun ano de duración e que se ven prorrogando desde fai catro anos. O mega transporte facilitará o bo estado do leite desde a súa recepción ate a súa descarga. O leite de Cobideza destínase para elaborar leite en poo de uso infantil.

A empresa propietaria do transporte e encargada do mesmo é Cantalete S.L. unha firma que traballa para Cobideza xa fai preto de 25 anos.

Cobideza produce nas súas 220 ganderías socias uns 140000 litros de leite ao día. As ganderías están situadas nos concellos pontevedreses de Agolada, Lalín, Vila de Cruces Silleda Forcarei e a Estrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información