Circular explicativa do Fega sobre a axuda para a redución da produción láctea

Circular explicativa do Fega sobre a axuda para a redución da produción láctea

Vacas na Gandería Miñotelo (A Pastoriza)

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) acaba de publicar unha circular que explica os pasos para seguir para solicitar a axuda europea para redución temporal da produción láctea.

Mediante este anuncio establécese a sistemática común para a xestión e o control desa axuda á redución da produción de leite, tendo en conta que os organismos pagadores das comunidades autónomas deben tomar as medidas necesarias para a súa aplicación.

Descarga aquí a circular do FEGA

ASAJA recomenda ós gandeiros interesados que se inscriban xa neste primeiro período

Hoxe ábrese o prazo de solicita-las axudas para os gandeiros que decidan reducir voluntariamente a súa producción de leite no último trimestre de 2016. A organización agraria Asaja recomenda que os profesionais que desexen optar á subvención se inscriban xa neste primeiro período (o seguinte iría de xaneiro a marzo de 2017), “porque, se temos en conta as estimacións que barallan os expertos comunitarios, os fondos consumiranse neste trimestre, ou no primeiro do vindeiro ano”. O prazo de presentación das solicitudes para este trimestre remata ás 12 do mediodía do 21 de setembro.

Os interesados deben ter en conta que para poder acceder a estas axudas teñen que comprometerse a reducir a súa producción, coma mínimo, en 1.500 quilos con respecto ao mesmo período do ano anterior. A cantidade máxima que se terá en conta para calcular a subvención será o 50% do leite obtido de outubro a decembro de 2015.

Os que cumpran con estes requisitos, recibirán unha axuda de 14 céntimos por cada quilo ata cubrir o tope da axuda. É importante sinalar que estas axudas só comprometen ós gandeiros que se acollan a elas no trimestre no que as soliciten. É dicir, que pasado ese período, poden volver producir a cantidade que desexen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información